CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

26/12/2023 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares
05:03 O DOG publica hoxe o decreto de disolución do Parlamento e a convocatoria electoral
06:16 Disolto o Parlamento, só queda operativa a Deputación Permanente
07:28 O 18 de febreiro escóllense os 75 deputados do Parlamento galego, que se reparten en catro circunscricións electorais
08:42 O BNG ve ganas de cambio na rúa e chama a non fragmentar o voto da esquerda
09:24 Os partidos que queiran presentarse en coalición teñen ata o día 5 para rexistralas
09:56 O PP di que se presenta como garante de estabilidade fronte a un multipartito "enfrontado"
10:41 Ábrese o prazo para solicitar o voto por correo
11:11 O prezo da luz sobe un 48 % este martes
11:40 O Goberno aprobará nun Consello de Ministros extraordinario un paquete de medidas para combater a inflación
14:36 O Consello de Ministros tamén aprobará a suba das peaxes da AP-9
15:37 O Goberno apraza a xaneiro o incremento do salario mínimo para tentar pactalo cos axentes sociais
16:08 A Asociación de Traballadores Autónomos augura que en 2024 a economía se vai desacelerar máis
16:41 A Mesa do Senado rectifica e non subirán o seu soldo
17:05 A xustiza é o servizo público peor valorado polos españois, segundo o CIS sobre a calidade dos servizos públicos
17:31 O gasto en pensións marcou un novo récord este mes de decembro
17:49 O mes de xaneiro virá marcado pola tramitación da lei de amnistía e a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, que se levará a cabo coa mediación da Unión Europea
19:55 Dous candidatos do PSN renuncian a tomar posesión dos seus cargos no concello de Pamplona
20:22 Os rebeldes iemenís celebran que España non se sume á coalición multinacional
20:49 Competencia abriulle un expediente sancionador a Repsol por aproveitarse, presuntamente, da súa posición dominante no mercado
21:23 Máis da metade dos titulados universitarios ou da FP que participan no foro Xuventude Mentoring da Xunta atopan traballo en Galicia
22:37 Reabriu ao tráfico a estrada N-642 no acceso a Burela de Foz
22:57 O Goberno non contempla prazos para as melloras pendentes na N-640
25:17 O Goberno vasco cre que a transferencia ao País Vasco dos trens de proximidade pode producirse en calquera momento
25:47 Renfe recoñece que non pode cumprir os horarios e amplía tempos de viaxe
28:04 Seguen buscando o autor do acoitelamento mortal da madrugada do domingo na Coruña
30:25 O home abatido pola Policía na Coruña xa fora detido antes por tentar agredir os axentes
32:23 Liorta multitudinaria entre varios grupos de xente nova en Ourense
34:32 Este ano batéronse marcas en canto aos alixos de cocaína incautados en Galicia
36:22 A ponte de Nadal remata con once mortos nas estradas españolas, dous en Galicia
37:49 Un incendio rexistrado nun bloque de vivendas de Sevilla obrigou a asistir unha vintena de persoas por intoxicación de fume
39:04 Un incendio nunha nave con produtos farmacéuticos en Reus activou a alerta por contaminación
39:24 Deteñen un home ao que acusan de matar a súa esposa e os catro fillos en Francia
39:59 Piden a retirada dunha pantalla publicitaria nunha rúa de Santiago polas luces que emite
42:14 As enfermidades respiratorias aumentaron un 40 % na última semana
44:32 O PSdeG aposta por unha xestión forestal eficaz nos montes veciñais
45:04 O tempo
46:14 Galicia inicia unha campaña de recollida de voces para impulsar o galego na sociedade dixital
47:13 Marchamos co grupo Chaleco Reflectante

Atopar capítulo por: