Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
20/12/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
A reunión entre Sánchez e Feijóo celebrarase este venres e será no Congreso, como esixiu o Partido Popular
Esquerra Republicana insiste en que os xuíces teñen que dar explicacións nas comisións que investigarán no Parlamento a suposta persecución xudicial a independentistas
O Pleno do Consello Fiscal ampara por unanimidade os fiscais do 'procés', que recibiron as críticas dos independentista
A Sociedade Estatal de Participacións Industriais vaise facer co 10 % de Telefónica
Este mércores, no Congreso, os partidos da coalición defenderon a entrada da SEPI en Telefónica
Preocupación polo conflito no mar Vermello. As empresas galegas xa sofren o encarecemento de prezos do transporte marítimo
As tres institucións europeas, Consello, Parlamento e Comisión, pactan reformar o pacto de migración e asilo
Colorado inhabilita a Trump ao relacionalo co asalto ao Capitolio
A excepción ibérica, que topa o prezo do gas no mercado eléctrico, rematará o 31
HIMOV, un proxecto de investigación cooperativo de Galicia e o norte de Portugal
Alfonso Rueda avanzou que o Consello da Xunta aprobará mañá a lei de recursos naturais de Galicia
Os tres grupos do Parlamento Galego fan balance da lexislatura
Alfonso Rueda anunciou que os galegos seguiremos contando cunha bonificación do 50 por cento do billete nos autobuses urbanos e interurbanos
Os descontos benefician o 77 % dos usuarios do transporte público galego
Atasco no centro da cidade pola nova protesta dos traballadores de Vitrasa
A catro días da anunciada folga da limpeza de lixo sucédense os incidentes
O tramo con máis accidentes con animais está en Galicia
Os detidos na operación antidroga na Arousa pasan mañá a disposición xudicial
Atopan morto nun barranco un veciño do Pino do que non sabían nada dende hai dous días
Unha muller morre intoxicada polo fume na casa en Ourense
Mortos por disparos en Toledo. As vítimas son dous irmáns de 45 e 49 anos que apareceron tiroteados no coche
Detido en Benalmádena. Sobe armado a un taxi e ameaza con matar policías por levarlle o guindastre o coche
Diferenzas de moitos graos entre as temperaturas mínimas de onte e de hoxe
A erupción do volcán Grindaviik perde forza e a lava flúe apartándose da cidade
Premios Artesanía de Galicia 2023. Premian a traxectoria de Agapito González e o obradoiro Frouma Atlantic Wood
Estréase a última película do vigués Lois Patiño 'Samsara'
O tempo
Hoxe na Galega, 'A cea máis galega do mundo. A gran batalla'
A banda británica Pet Shop Boys actuará en Santiago no festival O Son do Camiño