Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
                        
                        29/11/2023 15:30 h                        
                        
                    
                                    
                Índice de contidos
 Titulares do 'Telexornal mediodía'
 O Congreso acolleu a solemne apertura da lexislatura
 Feijóo di que non aplaudiron o discurso da presidenta do Congreso porque consideran que foi partidista
 Os grandes ausentes na sesión de apertura da lexislatura foron os partidos independentistas
 A nova lexislatura bota a andar hoxe despois dun acto con moitos detalles que marcarán o futuro político no país
 Puigdemont urxe agora a avanzar na amnistía e na independencia
 A vicepresidenta segunda do Executivo reuniuse co embaixador palestino en España
 Seguen as negociacións intensas entre Israel e Hamas para alargar a tregua en Gaza
 Feijóo acaba de rematar a remodelación da cúpula do partido, que queda formada por 16 persoas: 10 mulleres e 6 homes
 Entre os cambios no PP, hai catro novas mulleres que ocuparán vicesecretarías no partido na nova etapa
 A inflación modérase en novembro polo abaratamento dos carburantes
 As pensións vanse revalorizar o 3,8 por cento
 Primeiro desencontro entre a vicepresidenta primeira, a socialista Nadia Calviño, e a segunda, Yolanda Díaz, de Sumar
 Despois de case 20 anos e cun orzamento dun 4.000 millóns de euros, o AVE enlaza xa Asturias con Madrid
 Renfe permitirá pagar os billetes de tren en catro prazos, sen xuros, se pasan dos 150 euros
 A comisión autonómica de Tráfico vai crear un grupo de traballo para tentar evitar accidentes
 As obras de arranxo da estrada N-642, no límite entre Foz e Burela, quedarán rematadas a finais deste ano
 Moverse por Vigo en transporte público está sendo complicado estes días pola folga indefinida dos traballadores de Vitrasa
 O presidente da Xunta agarda que o Goberno central defenda ante Bruxelas a conexión de Galicia coa rede de hidróxeno verde da península
 A construción naval galega remata o 2023 coa mellor marca da última década
 Dous días antes de que comece a campaña de extracción da mexilla, o sector bateeiro interesouse hoxe por un proxecto que busca mellorar a cría do mexillón no litoral galego
 Os investigadores cren que o crime de Judith foi no mesmo lugar onde apareceu o cadáver
 A Garda Civil continúa buscando o corpo do veciño de Mazaricos do que localizaron o cranio case un ano despois da súa desaparición
 Varias familias de Ames advirten de que os seus fillos e fillas foron incluídos, sen o seu consentimento, en grupos de WhatsApp onde se compartían imaxes de contido violento e pornográfico
 A Policía Nacional detivo a xerente dunha gardería de Elx por presuntos malos tratos aos nenos
 Cae unha das redes de distribución de cocaína máis importantes do norte de España
 Renfe vai prohibir subir ao tren con patinetes eléctricos
 En Santiago, rebáixase a tensión entre o Concello e os hostaleiros á conta das das inspeccións exhaustivas de seguridade
 BNG celebrará o vindeiro domingo a proclamación de Ana Pontón como candidata á presidencia da Xunta de Galicia
 Yolanda Díaz descarta a posibilidade de que Sumar vaia co PSOE ás eleccións galegas
 En Sumar Galicia descartan a candidatura co PSdeG, pero ábrense a negociar cos socialistas e co BNG despois das eleccións
 O Partido Popular de Galicia acusa a PSOE, Sumar e o BNG de buscar os seus beneficios partidistas
 Acordo entre os comuneiros e a louseira de Carballeda para que a empresa poida manter a actividade
 Nas zonas rurais van dispoñer dunha conexión ultrarrápida e segura para veciños e empresas
 Os colexios galegos comezan a colocar puntos laranxas para denunciar casos de acoso escolar
 Rueda participou na cerimonia de condecoración aos axentes da unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta
 Faltan poucas horas xa para o comezo da COP28, a conferencia sobre o cambio climático da ONU deste ano
 O tempo
 Nova estrela Michelin para un restaurante galego
 Amigos e lectores daranlle esta tarde o derradeiro adeus a Miguel López, O Hematocrítico
 Despedida