Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
28/11/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Israel e Hamas continúan intercambiando presos por reféns
O Goberno español xa dá por pechada a crise diplomática con Israel
Sánchez non acudirá á xuntanza organizada por Macron para abordar asuntos clave da UE
Pilar Alegría escusou o presidente por cuestións de axenda
O Consello de Ministros deu luz verde ao novo organigrama do Ministerio de Transportes
O Goberno iniciou os trámites para renovar a Álvaro García Ortiz como fiscal xeral do Estado
O Partido Popular segue completando os cambios no seu organigrama para a nova etapa de oposición ao Goberno de Pedro Sánchez
O rei Filipe VI abre mañá a décimo quinta lexislatura da democracia, nunha sesión conxunta das Cortes Xerais
Para esta nova lexislatura, Pedro Sánchez promételles aos investidores estabilidade e certezas
Telefónica prepara un expediente de regulación de emprego en España que podería afectar uns 2.500 empregados
Garamendi pídelle ao Executivo que aumente a contratación pública para compensar o incremento dos custos que van sufrir as pequenas empresas
O gasto en pensións rozou este mes os 24.000 millóns
Os autónomos que tributan por módulos pagarán máis polo IRPF e polo IVE en 2024
O turismo e a hostalería son dous dos sectores que máis problemas teñen para atopar man de obra cualificada
Bruxelas descarta financiar con fondos europeos a conexión de gas de Galicia co resto da meseta
Galicia traballa para posicionarse como un referente na produción de hidróxeno verde
O presidente da Xunta defendeu a necesidade de axilizar os proxectos de enerxías renovables
O coche eléctrico, materia pendente en España
Un estudo da Universidade de Santiago di que baixar o IVE do peixe pode favorecer a creación de 5.500 postos de traballo
O BNG considera que o sector lácteo é un dos máis estratéxicos para Galicia e promete medidas de apoio
Segunda xornada de folga de Educación en Galicia contra o acordo que fixa as ratios nas aulas
Dolores de Cospedal declara no xulgado como testemuña sobre presuntas presións a Bárcenas e ao seu avogado
A Garda Civil busca a que fora a parella da muller que apareceu morta no Porriño
O detido por acoitelar a súa parella na Coruña está pendente de pasar a disposición xudicial
Morre o condutor dun turismo que caeu por un terraplén en Tomiño
A xuíza chamará a declarar nos próximos días os dous superviventes do accidente de Xove
Un camioneiro faleceu atropelado por unha máquina elevadora cando cargaban un camión de polos en Calvos de Randín
Arredor dun cento de veciños de Castrelo, en Cambados, están sen conexión de fibra óptica
A investigación sobre o incendio das discotecas de Murcia en que morreron 13 persoas segue sacando á luz presuntas irregularidades
Un veciño permanece atrincheirado na casa da que ía ser desafiuzado nunha vila de Toledo
A Ertzaintza investiga unha brutal pelexa cunha trintena de implicados fronte a unha popular discoteca de Bilbao
Os socorristas conseguiron chegar finalmente ata os 41 traballadores aprisionados nun túnel en construción na India
Os gandeiros galegos contarán cun servizo pioneiro: un matadoiro móbil que se irá desprazando pola comunidade
A saúde mental é unha das principiais preocupacións sanitarias de España
Campaña para evitar o uso indebido dos psicofármacos
A Real Academia Galega pide a colaboración cidadá para atopar a palabra do ano
A Asociación de Empresas Medioambientais de Galicia acaba de entregar en Vigo os seus premios anuais
O tempo
As tecnoloxías poden estender a violencia contra as mulleres e incrementar os nesgos de xénero
Un milleiro de docentes expertos e alumnos participan en Santiago no Congreso Internacional de Inclusión Educativa
Chega ás noites temáticas da G2 'Tras os pasos de María Casares', un documental sobre a vida da nosa grande actriz de teatro
Pleno infantil no Parlamento de Galicia
Despedida