CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

17/10/2023 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
06:50 A policía belga abateu hoxe a tiros o xihadista responsable do atentado de onte na capital
07:19 Bruxelas mantén a máxima alerta antiterrorista
10:36 O presidente do Consello Europeo convoca de urxencia os xefes de Estado e de Goberno dos 27 estados membros da Unión
12:39 España mantén a alerta antiterrorista no nivel catro
13:19 O Goberno español quere dar por pechado o incidente diplomático coa embaixada de Israel
15:48 Rueda avoga porque todas as forzas políticas condenen sen fisuras os atentados terroristas
16:21 A comunidade internacional está implicada en tentar porlle fin a un conflito que deixa damnificados en ambos lados
19:40 O palacio de Versalles foi desaloxado de novo esta mañá por unha alerta de bomba
20:23 Pedro Sánchez analiza co equipo negociador do PSOE os posibles acordos cos grupos parlamentarios para a súa investidura
22:09 O Consello de Ministros aprobou un decreto que facilita a agricultores e viticultores acceder ás axudas sectoriais
22:35 Contratar mulleres en sectores laborais nos que son minoría vaise incentivar con ata 7.500 en Galicia
23:53 Os empresarios de Galicia, Asturias e León únense para darlle un pulo ao Corredor Atlántico de mercadorías
24:58 Portugal vai reservar 2.750 millóns de euros do superávit para iniciar o AVE galego a Lisboa
25:30 Cortado un treito da A-6 polas obras dos viadutos de Trabadelo
26:08 Monbus reforza o servizo de autobuses entre Vilagarcía e Santiago os domingos pola tarde
27:06 O BNG defende que a eólica mariña é incompatible coa pesca
27:42 O sector eólico cre que necesitará incrementar a produción de enerxía en 8 terawatts para darlles resposta aos novos proxectos industriais
29:24 O Goberno galego ultima a lei para prohibirlles as bebidas enerxéticas aos menores
30:01 Os galegos de entre 65 e 79 anos están invitados a participar nun ensaio clínico sobre a vacinación da gripe nesa franxa de idade
31:38 Despois de 10 anos do asasinato de Elisa Abruñedo, a Garda Civil detivo un home como presunto autor do homicidio
33:38 Elisa Abruñedo saíra pasear e aparecera morta ao día seguinte preto da súa casa
34:56 Álvaro Prieto puido morrer electrocutado
37:11 Álvaro Prieto ten familia en Galicia
37:55 Unha muller embarazada de oito meses foi agredida en Marín
39:57 Un neno de 12 anos acoitelou unha compañeira de clase no instituto
40:19 Lugo é unha das cidades españolas en que se está desenvolvendo unha operación policial contra un grupo neonazi
40:49 O primeiro temporal do outono está deixando refachos de vento moi fortes
44:03 Máis de 135.000 familias galegas vanse beneficiar do Bono Deportivo da Xunta
46:09 O presidente da Xunta destaca a importancia de que os mozos coñezan a ruta xacobea para axudar a difundir os seus valores
46:27 O tempo
47:41 Estréase na TVG 'Lixo ou tesouro'
49:15 Despedida

Atopar capítulo por: