Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
06/06/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
A celebración de debates entre os rivais políticos centra a actualidade nesta precampaña para as eleccións xerais
Seguen estancandas as negociación entre Sumar e Podemos
O socialista Xaquín Fernández Leiceaga deixa a política e regresa á universidade
Néstor Rego asegura que a súa continuidade como deputado dependerá dos procesos internos e democráticos da formación
O Consello de Ministros nomeou o novo director do Museo Reina Sofía: o galego Manuel Segade
Rueda critica os pactos do PSOE co BNG para evitar que goberne o Partido Popular nos concellos onde os populares gañaron sen maioría absoluta
Unha moeda tirada ao aire decidiu quen será o alcalde pedáneo de Arcos da Condesa, en Caldas de Reis
As cámaras de seguridade desmontan o relato da alcaldesa de Maracena no caso do secuestro dunha concelleira
O Goberno adianta a petición do préstamo da Unión Europea: reclama agora máis de máis de 84.000 millóns de euros do plan de recuperación
A Xunta acusa o Goberno de aprobar o engadido do plan de recuperación sen contar coas comunidades e en plena campaña electoral
Bruxelas non vai permitir penas máximas por violación que sexan inferiores a oito anos de cadea
O Tribunal Supremo iniciou o pleno monográfico que vai fixar doutrina sobre a lei do 'só si é si'
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, entregou o Informe anual de violencia de xénero 2022 no Parlamento
A empresa viguesa Profand facturou o ano pasado máis de 900 millóns de euros
Comeza a costeira do bonito de Burela
Un ano da derruba do viaduto da A-6
O comisionado do Corredor Atlántico vaise reunir cos empresarios galegos o vindeiro 5 de xullo en Santiago sen a Xunta
Xa está en funcionamento unha nova liña de autobuses que enlaza Vigo cos polígonos industriais da Granxa e das Gándaras, no Porriño
Tráfico está facendo controis especiais esta semana para comprobar o estado en que circulan os vehículos
A empresa Monbus denuncia a sabotaxe de sete autocares de Ferrol
En Betanzos continúan sen data para restablecer o servizo de auga
As treboadas remiten, pero chega a borrasca Oscar
Os farmacéuticos lembran a importancia de protexerse do sol, tamén en días anubrados
Unha vila irlandesa veta os móbiles aos menores de 12 anos
Nova edición do programa dos minicampamentos da Xunta
Comeza a ABAU en Galicia
Cáritas vai balance de actividade en Ourense
A destrución dun encoro marca un novo punto de inflexión na guerra de Ucraína
O papa ingresa nun hospital de Roma para facer probas médicas
O tempo
A compañía de tecnoloxía Apple sacará á venda as súas primeiras lentes de realidade virtual e aumentada
Comeza a montaxe no Monte do Gozo para o Son do Camiño
Despedida