CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

01/06/2023 15:30 h

Índice de contidos

06:34 A Deputación Permanente do Congreso reuniuse esta mañá por primeira vez tras disolverse as Cortes pola convocatoria de eleccións xerais
06:56 A dirección do PSOE e Moncloa pechan filas con Pedro Sánchez e evitan a autocrítica tras os resultados electorais do domingo
09:42 Inés Arrimadas deixa a política
10:21 En Navarra, os socialistas dependen de Bildu para seguir á fronte do Goberno autonómico
12:11 O presidente do Goberno retoma a axenda internacional en Moldova
12:26 A executiva do PSdeG reúnese esta tarde para tenderlle a man ao Bloque de cara a posibles pactos de goberno en medio cento de concellos
12:58 O BNG comeza a as negociacións para formar goberno en Santiago
15:09 Xa hai conversas entre o PP e o PSOE para impedir que goberne Gonzalo Pérez Jácome en Ourense
17:23 Rueda pídelles aos socialistas que aclaren a súa postura sobre Ourense publicamente
17:49 O Consello da Xunta aproba un plan de 200 millóns para dixitalizar a sanidade pública
19:39 O Consello tamén aprobou 14,6 millóns de euros en axudas para instalacións de enerxías renovables térmicas en empresas e concellos
19:56 Rueda lamenta que o adianto electoral deixe no aire compromisos do Goberno central con Galicia
20:37 A convocatoria de eleccións paraliza o desenvolvemento da nova lei universitaria
21:23 As mulleres que sofren menstruacións incapacitantes poderán pedir a baixa laboral desde hoxe
23:42 Os prezos baixan na zona euro, pero o BCE pensa seguir subindo os tipos de xuro
25:32 O euríbor pecha este mes por riba do 3,8 %
26:01 Os españois perderon máis dun 4 % do seu poder adquisitivo dende 2019
28:09 Desde hoxe pódese presentar a declaración da renda nas oficinas da Axencia Tributaria
28:56 Bombeiros de toda Galicia concentráronse esta mañá en Vilagarcía para reivindicar melloras laborais
29:18 Os gandeiros informan en Lugo dos beneficios de consumir leite
29:58 A suba dos prezos do aceite de oliva aumenta os intentos de fraude aos consumidores
32:08 Nas últimas horas caeron máis de mil raios en Galicia
32:44 Na Limia, os agricultores temen polos cultivos de pataca e cereal se segue caendo auga con esta frecuencia e intensidade
35:14 O Concello de Betanzos está a repartir auga potable en camións cisterna ante as restricións no uso da da traída
36:58 O Concello de Cangas traballa para recuperar o máis axiña posible o seu sistema infórmático sabotado por un grupo de ciberdelincuentes
38:22 Chega a Lugo a primeira das máquinas que se van empregar na derruba das Torres de Garañón
38:48 Os médicos practicamente descartaron o ébola nunha paciente que ingresou esta mañá no Hospital Donostia de San Sebastián
39:26 Nos próximos días vanse analizar en Alemaña os obxectos atopados na última busca de probas do caso Madeleine McCann
40:10 O Foro Económico de Galicia advirte de que a aplicación da intelixencia artificial é imparable no tecido empresarial
40:54 A intelixencia artificial está presente no encontro internacional de inventores que acaba de abrir as súas portas na Cidade da Cultura
43:28

Atopar capítulo por: