Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
12/04/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
Podemos acaba de lanzar un vídeo preelectoral con críticas á vicepresidenta Yolanda Díaz e a súa plataforma, Sumar
O rei preside o Consello de Seguridade Nacional, que abordou a situación en Ucraína
Robles recibe o ministro de Defensa de Ucraína ante o envío inminente dos Leopard
Alberto Núñez Feijóo, lamenta que o Goberno non o informe dos obxectivos da presidencia española da Unión Europea
En menos de 24 horas, os accionistas de Ferrovial votan se moven ou non a sede da compañía aos Países Baixos
Rueda pediu que non se satanicen os empresarios que crean emprego e lembrou que necesitan seguridade xurídica e facilidades para poder xerar riqueza
Alfonso Rueda destacou no Parlamento que en Galicia hai máis de 15.000 prazas públicas en residencias de maiores
No Parlamento non houbo acordo para aprobar unha declaración institucional contra os ventres de alugueiro que impulsou o BNG
Rueda iniciou unha viaxe que o levará por Panamá, México e Venezuela para atraer investimento a Galicia
A Xustiza acaba de darlle a razón á Xunta, que se negou a compensar con cartos ás concesionarias de dúas autovías pola caída de tráfico que tiveron co covid
Presentáronse máis de un millón cen mil declaracións da renda en pouco máis de 24 horas
Os problemas da banca nos Estados Unidos teñen en alerta a Europa
O Banco de España recoméndalles ás entidades financeiras que se reforcen
Italia decreta o estado de emerxencia migratorio durante seis meses
Pasaron a disposición xudicial na Coruña os cinco detidos polo presunto secuestro e maltrato dun home
Os axentes detiveron un mozo en Carballo por acoitelar, supostamente, outro varón nas costas e na cabeza
A Policía Nacional detivo en Vigo dúas persoas por unha discusión de tráfico
O médico detido por maltratar os fillos segue traballando nun hospital de Madrid
Os tres condenados por abusar dunha nena da súa propia familia no concello lucense de Baleira terán que entrar no cárcere antes do 25 de abril
Diana Quer cumpriría hoxe 25 anos
O Ministerio de Asuntos Exteriores pide extremar a precaución ante o auxe do turismo sanitario fóra de España
Cada vez son máis os consumidores que deciden arranxar o móbil antes de mercar un novo
A construción naval galega precisa man de obra para afrontar a repunta da actividade polo aumento da carga de traballo
Os populares galegos vense en condicións de mellorar os resultados de hai catro anos nas eleccións municipais
Despois da calor, volve o frío
Un descoido humano está detrás do incendio que afecta o Parque Natural do Alto Teixo, en Guadalaxara
O mes de marzo foi o terceiro máis cálido desde que hai rexistros
O tempo
En xuño haberá remuda no arcebispado de Santiago
Espectacular incendio esta mañá na sede do Consello Económico e Social, en pleno centro de Madrid
Máis de dez mil persoas visitaron a exposición de Picasso na Coruña, inaugurada hai pouco máis de dúas semanas
O codutor do accidente de Xove en que morreron catro mozos deu positivo por alcol
Marchamos con Bizarrap, que formará parte do cartel do Morriña Fest