Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
22/03/2023 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
A moción de censura de Vox contra Pedro Sánchez fracasa con só 53 votos a favor e máis de 200 en contra
Os partidos da dereita acusan a Yolanda Díaz de subir á tribuna para facer campaña electoral e Podemos pídelle que convoque primarias
Dimitiu a directora xeral da Garda Civil, María Gámez
Alfonso Rueda dixo que a lei de renovables que aprobará mañá o seu goberno vai permitir baixar a factura da electricidade tanto para os veciños como para as empresas dos lugares onde se instalen os parques
Rueda ve compatible a pesca coa eólica mariña
O PSdeG defende que a eólica mariña pode convivir coa actividade pesqueira, igual que fan outros países
Varias entidades ecoloxistas, agrupadas na Coordinadora "Eólica, así non" , amosaron a súa oposición ao actual modelo de transción enerxética
O fuel sintético será unha alternativa para a combustión limpa no 2035
Esta tarde a Patronal e sindicatos volven sentarse para negociar os salarios
As familias tiran menos das tarxetas de crédito para gastos coma o ocio ou o turismo e máis para os bens indispensables como os alimentos
Só queda unha semana para que caduque o groso dos contratos das industrias lácteas coas explotación
O sindicato policial de Vigo reclama máis persoal e máis medios para aumentar a seguridade cidadá
A policía local presentou hoxe a súa nova promoción que comeza a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública
O conselleiro de Sanidade demanda que o Goberno central corrixa o déficit de sanitarios nos cárceres galegos
En Pontevedra está en marcha unha importante operación contra o tráfico de drogas coordinada dende Madrid pola Audiencia Nacional
O hostaleiro galego ferido de bala hai unha semana no Brasil recibiu a alta hospitalaria
Os operarios xa retiraron todos os coches calcinados en Tui
Un petroleiro cargado de diésel e combustible para avións arde fronte ás costas do Porto
Luz verde á base aérea transfronteiriza de loita contra incendios
Tres persoas faleceron no incendio nun edificio de vivendas en Barcelona
Dous mozos de 22 anos están detidos por violar presuntamente unha moza de 14 anos en Alacante
O pai do pequeno asasinado en Lardero di que "están mortos en vida"
Os traballadores que saen fumar en horario laboral traballan media hora menos ao día que o seus compañeiros que non fuman
Hoxe comezou na Cidade da Cultura o congreso de Formación Profesional Innova Galicia 2023
A intelixencia artificial debuxa as mulleres galegas vellas e engurradas
O sector das autocaravanas pide máis áreas de servizo para percorrer Galicia
O tempo
Despedida