Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
20/12/2022 18:08 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
O Goberno moverá ficha e cambiará os xuíces do Constitucional con mandato non renovado, pero evita concretar como
Os grupos parlamentarios da esquerda pídenlle ao Goberno que lidere unha iniciativa común para sortear a decisión do Constitucional
O BNG cre que a resolución do Constitucional non debería acatarse, e pide unha resposta común dos grupos da esquerda
Rueda considera que a decisión do Constitucional se enmarca no normal funcionamento das institucións nunha democracia
Segue adiante a tramitación parlamentaria da reforma do Código Penal que elimina a sedición e rebaixa a malversación
A Comisión Europea apoia a decisión do Tribunal Constitucional, e pide que todas as partes implicadas actúen conforme ás regras
O Banco de España confirma un parón da economía española para 2023
Os empresarios galegos cren que a inestabilidade económica se vai prolongar durante os próximos dous anos polo alza dos prezos e a suba dos tipos de xuro
A patronal aínda non decidiu se asiste á reunión convocada para mañá polo Goberno cos sindicatos para negociar a suba do salario mínimo
En 2023 haberá que ter máis idade, ou máis anos cotizados para cobrar a pensión íntegra
O Parlamento de Galicia aproba os presupostos para o ano que vén
Galicia é a primeira comunidade de España en ter aprobados os seus orzamentos para o ano que vén
O euríbor a 12 meses cotiza xa a un 3 %
O Goberno central ten que decidir antes do 31 de decembro se acepta o incremento das peaxes por riba do 8 por cento que propoñen as concesionarias
Fai un ano da chegada do AVE a Ourense
O temporal deixa centos de incidencias e rexistros de chuvia moi rechamantes
As chuvias provocan inundacións importantes no Salnés, en Ponteareas e en Vigo
Os bombeiros rescatan unha muller e a súa filla pequena atrapadas nun coche en Ponteareas
A enchente do río Umia complica a situación en Caldas
Santa Comba recolleu máis de 1.200 litros por metro cadrado en tres meses
Unha operación contra o narcotráfico en Galicia deixa de momento 14 detidos
O 95 por cento dos autónomos viron este ano como lles encarecían os custos, e case o 60 por cento perdeu facturación
Os gandeiros galegos están cobrando un 55 % máis polo leite
Os universitarios galegos que completaron os estudos con mellores notas recolleron esta mañá os premios fin de carreira
O Sergas cambia os cribados de cancro de colon para aumentar a participación
O tempo
A bosteira de dúas vacas decide un sorteo de 1.000 euros na Mezquita
Despedida