CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

18/11/2022 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do Telexornal Mediodía
05:45 A Fiscalía Xeral do Estado vai revisar as sentenzas que beneficiaron a agresores sexuais, aplicándolles a Lei do 'só si é si'
06:21 Os efectos da lei do 'só si é sí' volven deixar en evidencia a distancia entre Yolanda Díaz e Podemos
09:18 As vítimas de delitos sexuais reaccionan contra os efectos da nova lei
11:21 A lei trans non poderá aprobarse no prazo que marcara Irene Montero
11:50 O ministro Grande Marlaska non terá que enfrontarse a unha comisión de investigación no Congreso pola traxedia de Melilla
12:55 Darias será candidata á alcaldía das Palmas
13:18 A reforma do delito de sedición non lle pasa factura a Sánchez, segundo o CIS
14:27 Pedro Sánchez insiste en que a economía española vai medrar un 4,4 por cento este ano
15:13 A presidenta do BCE alerta do risco de recesión
16:08 Teresa Ribera insta a Bruxelas a presentar canto antes unha proposta para limitar o prezo do gas
16:47 Os portugueses mercan o butano en Galicia para aforrar
18:59 Folga do sector público en Portugal
19:49 Un informe encargado polo Ministerio de Traballo revela que a suba do salario mínimo interprofesional ten efectos negativos no emprego
21:33 Os representantes das confrarías de toda España reúnense en Bruxelas co comisario de pesca
22:37 Rueda pídelle ao Goberno que compense a suba das peaxes que prevé Audasa para a AP-9
23:21 Rueda visita os terreos da futura planta de biometano en Castro de Rei
25:01 O Goberno confirma que vai enviar un robot a Terra Nova para baixar ao Villa de Pitanxo
25:55 Cae a primeira nevarada do outono en Manzaneda
26:45 A vaga de frío afecta toda Galicia
27:38 Os transportistas, moi pendentes da previsión de neve en Pedrafita
30:26 O delegado do Goberno presentou en Guitiriz un proxecto do Ministerio de Política Territorial para facilitarlles os trámites coa administración aos veciños do rural
32:15 A terminal de Bouzas baixa de valoración entre os fabricantes de automóbiles pola falta de conexión de tren
33:55 A Federación de Concellos de Galicia pide sentarse a negociar un novo pacto local coa Xunta
34:17 María Nogareda, de Alternativa dos Veciños, é a nova alcaldesa de Sada tras saír adiante a moción de censura
35:49 O BNG pide que a Xunta lidere a defensa do sector vitivinícola
36:20 P Partido Popular reclámalle ao goberno de Sánchez que amplíe as prazas de formación de médicos
36:44 O servizo de Medicina Preventiva de Santiago, pioneiro en España, fai 50 anos
39:05 A galega María Jesús Alonso acaba de recoller o premio Aseica-Muller, que outorgan os investigadores contra o cancro
39:34 Inauguran en Lugo o novo centro de Aspnais, a asociacion de pais ou titores de persoas con discapacidade intelectual
40:10 O papel das mulleres na construción da paz ponse de manifesto en Santiago, nun congreso sobre Igualdade e Violencia de Xénero en Tempos de Guerra
40:55 As familias recurtarán o gasto este Nadal
41:20 Vigo acende mañá as luces de Nadal
43:27 Turismo de Pontevedra dá a coñecer a súa oferta en Valladolid, na feira de referencia para o turismo de proximidade
43:49 Mañá abre a todos os públicos a exposición de Steven Meisel na Coruña
45:58 A mostra Ferrol no tempo reivindica o papel da cultura urbana
46:28 O tempo
49:37 Chega aos cines Os demos de barro, unha película que aborda o abandono do rural e na que participa a Televisión de Galicia
50:01 Despedida

Atopar capítulo por: