Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
09/08/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
Esta medianoite entrarán en vigor as medidas de aforro enerxético
O presidente da Xunta insiste en que as medidas incluídas no decreto do Goberno non serán útiles para aforrar enerxía
Abrir a porta dun salón de peiteado é hoxe case un 30 % máis caro ca hai uns meses
O desabastecemento do vidro está obrigando a moitas empresas a cambiar os seus plans de produción
O Sindicato Labrego Galego pídelle ao Ministerio de Agricultura que corrixa o real decreto de axudas aos gandeiros de carne que exclúe as granxas tradicionais de cebo
O Goberno galego xa iniciou a tramitación dunha nova lei que permitirá ao Sergas darlles prazas sen oposición a algúns médicos
A Xunta impulsa a creación de novos centros de fabricación avanzada
O turismo creou a metade do emprego en España no segundo trimestre do ano
Cifras récord de turistas e peregrinos grazas ao segundo ano do Xacobeo
O alcalde de Santiago fai unha valoración moi positiva da peregrinación de mozos católicos que estiveron en Compostela esta fin de semana
Consellos para aforrar combustible
Nestes días de moitos desprazamentos tráfico intensifica a vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas
As forzas de seguridade detiveron unha persoa no concello coruñés de Ames e comisaron case cen mil euros en pezas falsas
Un neno quedou ferido de gravidade a causa dun raio en Valdoviño
O incendio de Ávila evoluciona favorablemente
Tras meses de investigación, a Garda Civil detivo dous homes aos que acusa de, polo menos, 23 roubos en negocios do sector agrícola
Un policía nacional fóra de servizo rescatou un home que caera ás vías do metro de Madrid
O nivel do río Miño é tan baixo que permite atravesalo andando
O presidente Rueda fixo un chamamento aos concellos para que fagan un uso responsable da auga
As restricións aumentan e cada día son máis os concellos que toman medidas fronte a esta seca. O último, o de Pantón
A reserva de auga en España está ao 39,2% da súa capacidade
Os termómetros non dan tregua en Ourense, na conca do Miño pódense superar hoxe os 39 graos
Cada día é máis complicado e máis caro conseguir xeo
Os incidentes coas candorcas das últimas semanas en Galicia fan que se esté barallando a posibilidade de restrinxir a navegación nalgunhas zonas
Hai un mes que un dos produtos máis demandados das nosas mesas, o polbo fresco, regresou aos mercados
No Carballiño servirán est tarde a tapa de polbo máis grande do mundo
Celebrouse a tradicional carreira de burros de Escairón
O convento de Herbón é nun lugar de referencia da orde franciscana e agora tamén un museo
A FBI rexistra a mansión de Donald Trump na Florida en busca de probas dun posible delito
O tempo
Olivia Newton-John, a actriz, cantante e activista australiana, morreu este luns aos 73 anos
E hoxe volve á Televisión de Galicia 'Casamos'