CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

14/07/2022 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares
08:00 Portugal vive hoxe o día máis grave na loita contra os incendios que asolan o país
08:39 Varios incendios calcinan 150 hectáreas en Ourense
10:55 Nas Hurdes as lapas seguen arrasando hectáreas sen que os medios de extinción consigan manter baixo control o lume
11:24 Portugal enfróntase a unha vaga de lumes que deixa xa unha vítima mortal
14:12 Toda Galicia, agás a Mariña lucense, segue baixo este episodio longo, extremo e inusual de calor
15:17 Ourense segue en aviso vermello por altas temperaturas na conca do Miño e en Valdeorras.
17:50 En Lugo a auga do río Miño está a 26º
19:24 Este xoves agárdase o peor da vaga de calor en España
21:37 No resto de Europa a cousa vaise ir poñendo peor de cara á fin de semana
22:07 Italia xa declarou a semana pasada o estado de emerxencia para cinco rexións do norte, por sequía extrema
22:41 O euro e o dólar valen o mesmo
23:13 Bruxelas cre que España rematará este ano cunha inflación do 8,1%
24:38 O Goberno confirman que vai ter que revisar a previsión que manexaba para a suba dos prezos aquí en España
25:07 Acaba o debate sobre o estado da nación
25:42 O BBVA di que en 2023 España pode entrar en "recesión técnica"
26:51 O Ibex 35 leva catro días de perdas
27:34 O goberno asegura que os novos impostos á banca e ás enerxéticas non influirán nos consumidores
28:10 Alfonso Rueda cre que eses impostos á banca e ás enerxéticas acabaran indo aos petos de todos os cidadáns
28:48 Alfonso Rueda acusa o Goberno de facer unha mala planificación enerxética e pídelle que siga o exemplo doutros países europeos.
30:07 A Xunta aproba 15 millóns para centros de fabricación compartida entre empresas
30:24 Alemaña reactiva as centrais de carbón ante a  ameaza rusa de cortar o envío de gas
30:56 O Goberno traballa na elaboración dun plan de continxencia enerxética ante a posibilidade dun corte na subministración do gas ruso no inverno
32:00 O Goberno insiste en chamar á conciencia dos cidadáns para que fagan xestos de aforro enerxético
34:36 Leve descenso do prezo dos combustibles
35:00 Nalgúns concellos xa toman medidas para reducir o consumo de auga
35:43 Ventás abertas para tentar refrescar as casas e poder durmir
36:01 Protexer as mascotas da calor extrema
37:43 O tempo caloroso e seco destes días ten un efecto curioso nos pementos de Padrón: fai que piquen máis.
39:02 O 40% das titulacións galegas están pechadas
39:21 A Xunta acaba de anunciar os galardoados este ano coa Medalla de Ouro de Galicia
41:13 A Xunta aproba os 240 euros para conexión a Internet de familias vulnerables
41:38 O Complexo Hospitalario da Coruña acaba de realizar o primeiro transplante de fígado utilizando unha máquina de preservación
42:02 Xa se pode solicitar esta axuda, que se incrementa para as familias numerosas
42:28 O tempo
43:35 As televisións autonómicas reúnense en Santiago
44:03 Os populares galegos lembraron esta mañá na Merca a Miguel Ángel Blanco
44:42 As familias da vítimas do Villa de Pitanxo pídenlle ao Parlamento Europeo que investigue a actuación do Goberno español
45:07 Galicia xa prepara as celebracións da Virxe do Carme, e o mesmo fan en Abrente. A vila mariñeira de ‘Saudade de ti’ vivirá un día do Carme moi especial

 

 

 

Atopar capítulo por: