Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
11/05/2022 14:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Pedro Sánchez admitiu por vez primeira un fallo de seguridade nas comunicacións do Goberno
Alberto Núñez Feijóo defende que o PP está comprometido coa seguridade nacional e que vai exercer unha política de Estado
Sánchez anuncia 800 millóns adicionais para o sector agroalimentario
A coalición Por Andalucía presentouse oficialmente coa presenza das seis formacións políticas que a apoian, incluída Podemos
A maioría dos españois cren que hai crispación política e piden pactos de Estado, segundo o CIS
A OCU cifra o incremento da gasolina en tan só un mes no 5,5 por cento
A OCU advirte que as familias fan un sobreesforzo coa suba de prezos
No Banco Central Europeo cren que estamos chegando ao pico da inflación e que os prezos comezarán a baixar na segunda metade do ano
A negociación de sindicatos e empresarios sobre a suba salarial está estancada
Lagarde confirma unha posible suba dos tipos de xuro no mes de xullo
Un piso de cen metros roza os 1.000 euros de alugueiro mensual
Ucraína corta un dos gasodutos chave para que Europa reciba gas ruso
Menos gas ruso e máis barcos procedentes dos EUA
Nunhas horas sairán da Habana os restos de Cristina López, a galega que morreu na explosión do hotel Saratoga
Xa está baixo a tutela de Menores o fillo da parella que presuntamente se suicidou no concello lugués de Paradela
Reclaman medidas para evitar a saída do patrón do Villa de Pitanxo do país
Un home atrincheirouse en Lugo armado cunha escopeta de caza
Dous encapuchados asaltaron á man armada unha estación de servizo de Portas
Nos xulgados de Ourense continúa o xuízo contra dous presos acusados de matar outro recluso
A xustiza investiga o nomeamento da xefa de seguridade cidadá do Concello da Coruña
Mónica Álvarez, coñecida como a pequena Nicolasa de Ourense non irá ao cárcere
A máscara en aeroportos e avións deixará de ser obrigatoria a partir do 16 de maio
O Goberno ultima a nova lei do aborto, que quere levar ao Consello de Ministros do martes que vén
Galicia vai ter este verán 112 praias con bandeira azul
O Tribunal Superior ratifica a competencia municipal sobre os pisos turísticos
O Atlantis é o primeiro apartamento flotante do porto de Sanxenxo
A Xunta oferta 10.800 prazas na campaña de campamentos de verán
Simulacro de rescate e salvamento de náufragos no río Miño
Ducias de persoas retiraron esta mañá toneladas de refugallo da illa de Cortegada
Un megabuque descarga os barcos do circuíto de monocascos máis importante do mundo
Seis días cos termómetros por riba dos 30 graos en Ourense
A empresa galega Trison triunfa en Barcelona no salón audiovisual máis importante do mundo
O xornalista Jesús Mariñas será soterrado na Coruña, a súa cidade natal
Despedida coa música de Blanco Palamera