Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
08/04/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Ataque na estación de tren de Kramatorsk
Von der Leyen e Borrell viaxaron en tren a Kíiv para trasladarlle a Zelenski a solidariedade e o apoio da Unión Europea fronte á invasión rusa
Sánchez visitou en Barcelona o centro de acollida de refuxiados ucraínos e amosouse convencido de que os crimes de guerra non quedarán impunes
Resaca política tras a viaxe de Sánchez a Marrocos
A ministra para a Transición Ecolóxica desvincula a postura do Goberno sobre o Sáhara da suba de prezo do gas que nos chega de Alxeria
O Goberno cre que medidas como a redución do IVE na luz conseguirán frear a inflación e Feijóo insiste en que é necesaria unha rebaixa no IRPF para contrarrestar esta alza desbocada dos prezos
A Xunta aproba axudas para anticiparlles financiamento ás gasolineiras
A Xunta aumenta un 47 % o fondo para a compra ou préstamo de libros de texto
A Xunta recorre ante o Constitucional a lei que penaliza as herdanzas en vida
Feijóo di que a remuda na presidencia da Xunta será ordenada e rápida
Os socialistas pídenlle ao BNG que aclare por que o deputado Néstor Rego non lle aplaudiu ao presidente ucraíno no seu discurso no Congreso e Ana Pontón asegura que os socialistas utilizan a guerra de Ucraína para atacalos
Prezos históricos dos carburantes para Semana Santa
Comeza a operación especial de Tráfico para Semana Santa, con 14,6 millóns de desprazamentos previstos
Delito de condución temeraria: o pasaxeiro viaxaba agarrado ao exterior do vehículo
Estamos a ter unha xornada de moita chuvia e de moito vento
Aviso amarelo na costa
Portugal, en alerta por chuvia antes dunha Semana Santa solleira
Os hostaleiros din que a ocupación podería rozar o 80 %
Os trens entre Madrid e Galicia veñen cheos
Comezan a declarar os detidos pola fabricación de narcolanchas
O supervivente do Villa de Pitanxo acusa o grupo Nores de obrigalo a mentir
Tres altos cargos do Goberno declaran ante a xuíza pola compra de material sanitario
Os empresarios Luis Medina e Alberto Luceño foron citados para declarar como investigados o día 25
Nova sentenza da trama Gürtel
Últimas horas de campaña para as presidenciais do domingo en Francia
A pandemia disparou os casos de discriminación cara ao pobo xitano, segundo o informe anual da propia Fundación Secretariado Xitano
O CSIC recupera 20 variedades galegas de oliveira
Adianto do tempo
A xustiza anula a decisión da Deputación de Lugo de entrar no accionariado da empresa pública Tragsa
Esta mañá presentouse en Vigo o libro '40 anos da moda en Galicia'
IX edición do Carballo Interplay
Despedida coa canción que PInk Floid fixo para Ucraína