Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
29/03/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
O Goberno aprobou hoxe un paquete de medidas económicas por valor de 16.000 millóns de euros para facer fronte á crise provocada pola guerra
As gasolineiras galegas din que non poden adiantar os 20 céntimos que promete o Goberno
Opinións enfrontadas sobre a limitación máxima ao 2 % nos alugueiros
O sector pesqueiro agarda coñecer os detalles do plan de axudas do Goberno
Esixen axudas para evitar o peche de explotacións de vacún de carne
O Banco de España avanza que os prezos se van disparar este mes de marzo
O prezo da luz subiu de novo hoxe, un 7 %
O Goberno aínda ten pendentes as medidas para baixar a factura da luz
A Comisión aínda non recibiu o plan de España e Portugal para rebaixar os prezos da enerxía
A CIG convocou hoxe en todas as cidades galegas concentracións ante o incremento dos prezos
O BNG cre que o Goberno debe intervir o mercado enerxético
O prezo da luz obriga o complexo deportivo Rías do Sur, en Pontevedra, a pechar as súas portas este venres
No sector da construción están sufrindo a falta de materiais pola folga dos transportes
ERTE de tres meses na factoría de Guidoni, en Narón, pola falta de material
O paro dos transportistas perde forza e a DXT asegura que o tráfico de vehículos pesados xa está ao 95 por cento das cifras habituais
A última rolda de negociacións entre Rusia e Ucraína non logrou un pacto de alto o fogo pero achegou posturas
Piden ampliar a prisión permanente revisable para os asasinos que escondan o corpo
Quedou en liberdade con cargos o home acusado de violar a súa compañeira de piso en Lugo
Falece un dos feridos no accidente laboral na refinería de Repsol da Coruña
A Garda Civil tivo que reducir a tiros a un presunto maltratador en Málaga
Os empresarios de Mos buscan locais para instalar provisionalmente os seus negocios, afectados polo incendio do pasado domingo
A Fiscalía pide o sobresemento da causa aberta a Jácome por malversación
Novas rutas e 40 destinos nos aeroportos galegos
Unha empresa da Coruña implanta redución de xornada e sen recorte salarial
A Xunta levará servizos móbiles de podoloxía, audioloxía e memoria a todos os concellos
Unidas Podemos cambia a última hora a súa posición respecto á iniciativa para ampliar a prisión permanente revisable e votará en contra
Varias organizacións vencelladas á investigación e ó mundo da enxeñería promoven 'Ventos de futuro'
Galicia é a segunda comunidade en crear novas empresas biotecnolóxicas
Portugal aposta polo Camiño de Santiago con máis albergues
Maxia, música e danza mestúranse no espectáculo 'Inventio', que percorrerá Galicia
Mañá comeza a segunda edición de Instagramers no Camiño
Filipe VI e dona Letizia asisten ao funeral na abadía de Westminster polo duque de Edimburgo
Adianto do tempo
A Radio Galega estrea o seu novo estudio multimedia
Despedida coa música de Sheila Patricia