Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
02/03/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Alberto Núñez Feijóo presentará a súa candidatura a presidir o Partido Popular
O presidente volveu pedirlle ao Goberno que deixe en mans das comunidades a xestión dos fondos europeos
Stellantis bota en falta o apoio do Goberno central no proceso de electrificación
O Goberno e as comunidades analizan no Consello Interterritorial de Saúde a posibilidade de eliminar as máscaras nos interiores dos colexios
O comité clínico revisará a partir do próximo 15 de marzo o uso da máscara nos patios escolares
Comesaña di que o rastrexo se vai manter en Galicia de momento porque a súa supresión debe enmarcarse nun cambio global dos protolocolos
Os indicadores da covid seguen mellorando en Galicia
No Campus Vida de Santiago comezaron hoxe as obras do que vai ser o novo centro de referencia de Galicia para as terapias celulares avanzadas
Sánchez anuncia que España enviará armas a Ucraína
Ana Pontón cre que o envío de material ofensivo a Ucraína só agrava a guerra
Borrell cre que hai que facer o posible para que cese a agresión de Rusia contra un país veciño
No sétimo día de ofensiva, as tropas rusas endurecen o ataque contra Ucraína
Kiev non confirma se vai asistir ás conversas para o alto o fogo
Segue o éxodo de ucraínos cara a veciña Polonia
Galicia xa lle trasladou ao Goberno central a disposición para acoller refuxiados ucraínos
O papa Francisco pediu acompañar todos os ucraínos que están a sufrir os bombardeos tras a invasión de Rusia
A UE busca fórmulas para paliar a suba dos prezos dos alimentos
As fortunas dos oligarcas rusos no punto de mira das sancións
O mercado laboral volveu repuntar tras a costa de xaneiro
O comité de empresa de Navantia Ferrol reclámalle ao Goberno central a modernizacón das instalacións
O Defensor do Pobo pide explicacións a Renfe polos cambios de horarios
Sen avances no conflito do lixo na Coruña e á espera dunha nova xuntanza este xoves
As familias dos desaparecidos do Villa de Pitanxo piden que se retome a busca
Un barco do tamaño de 3 campos de fútbol, con orixe en Alemaña, afundiuse preto dos Azores
O pai de Desirée, satisfeito pola condena coa pena máxima para Ana Sandamil
Máis de 2.500 inmigrantes subsaharianos intentaron entrar á primeira hora desta mañá en Melilla
O grupo lucense Leite Río e o Goberno galego impulsan un sistema para que o leite galego gañe en valor
A Xunta abre o prazo para solicitar axudas de ata 3.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética dos fogares
Cambios nos contidos en primaria a partir do vindeiro curso
Adianto do tempo
Os encoros, tras dous meses de seca, perderon moita auga
Os concellos polos que atravesa o Camiño Francés van recibir da Xunta de Galicia máis dun millón de euros para potenciar esta ruta a Compostela
Esta noite coñeceremos e voaremos lonxe coa verdadeira Sofía Casanova, a obreira do pensamento
Despedida coa música dos Chemical Brothers