Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
16/02/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
O mal tempo dificulta a busca dos once desaparecidos
Confirmada a identidade do terceiro supervivente do Villa de Pitanxo
Familiares e amigos dos mortos e desaparecidos, rotos pola dor e pola incerteza de atopar os seus
Actívase un protocolo como o de Angrois: os psicólogos informarán as familias
Antes de desprazarse a Marín, o presidente Feijóo decretaba tres días de loito oficial en Galicia
A Xunta decreta tres días de loito oficial
Bueu chora a perda de Fernando, cociñeiro do Villa de Pitanxo
A consternación tamén o empapa todo no concello Moaña, de onde é outro dos mariñeiros desaparecidos
Pendentes en Cambados do paradoiro do mariñeiro Miguel Lumbres
A familia dos sobreviventes, con gañas de falar cos seus e moi afectados polos que non se salvaron
Un dos barcos que participan no dispositivo en Terra Nova é o Río Caxil, un pesqueiro vigués que pescaba na zona
Salvamento Marítimo segue dende Madrid o operativo de rescate
A clase política galega tamén enviou mensaxes de solidariedade ás familias dos mariñeiros nestes momentos tan duros
Minuto de silencio no Parlamento galego
O Congreso únese ao pesar dos familiares dos falecidos no naufraxio
Pedro Sánchez volveu ofrecerlle ao PP a abstención do PSOE para formar goberno a cambio de illar a Vox
O Goberno propón unha nova cotización para os autónomos
A Unión Europea alerta dun macrogromo de salmonela que afectaría seis países, e que os organismos sanitarios europeos vinculan a ovos de orixe española
Hoxe hai 34.000 contaxiados, dos que 2.400 se detectaron nas últimas horas
Ministerio e Sanidade reúnense esta tarde coa posibilidade de flexibilizar as corentenas
O terceiro supervivente do Villa de Pitanxo é veciño de Marín
Conmoción e tristeza nas vilas con mariñeiros no Villa de Pitanxo
Os portos galegos están de loito
O caladoiro de Terra Nova é un dos máis duros do mundo, segundo nos contaba a Cooperativa de Armadores de Vigo, que ten alí vinte barcos
Terra Nova é onde se forman moitas borrascas que chegan despois ata Galicia
Adianto do tempo
Segue avanzando a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade
1 millón de euros para o termalismo lúdico