Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
05/08/2021 14:25 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Os contaxios por coronavirus totais soben por primeira vez nesta semana
Os servizos de urxencia sofren o pico de demanda nesta quinta onda
Vigo é a cidade galega con máis pacientes con infección activa
Detectado un gromo de covid na residencia de maiores Val de Monterrei
O presidente da Xunta calcula que en outubro todos os galegos maiores de 14 anos poderían estar inmunizados
Sanidade volve abrir a autocita para os nacidos entre 2000 e 2005
As embarazadas pasan a ser grupo prioritario na vacinación da covid
Ábrese o debate sobre a terceira dose da vacina contra a covid
O expiloto Jorge Lis, negacionista da covid e que rexeitou a vacina, está moi grave tras quince días en coma
Lugo Monumental recorre xudicialmente contra algunhas das restricións aprobadas pola Xunta para o sector da hostalería
A Xunta contesta a Lugo Monumental asegurando que a alternativa a non pedir os certificados era pechar o interior dos locais
Pedro Rascado recorda que nos interiores é onde se producen máis contaxios
A incidencia acumulada en España segue baixando e chega aos 633 contaxios por cada cen mil habitantes
O debate sobre o traspaso a Cataluña da formación sanitaria está sobre a mesa, segundo defenden dende a Generalitat
O Partido Popular pide a comparecencia urxente da ministra de Sanidade, para que aclare este asunto
Na Xunta cren que o Goberno non cederá finalmente á xestión dos MIR pola presión do resto das autonomías
A ministra de Facenda está elaborando os presupostos xerais do ano que vén.
O Goberno acorda cos nacionalistas cataláns a futura ampliación do aeroporto do Prat
O PSdeG di que Galicia é a quinta comunidade que máis fondos recibe do Goberno para loitar contra a pandemia
Os traballadores de Alu Ibérica agardan a chegada do novo administrador concursal autorizado pola Audiencia Nacional
A DXT incorpora á campaña de seguridade viaria de verán un dron de vixilancia
Novos tractores colaboran nos traballos de limpeza e prevención
A Fiscalía pídelle á xuíza instrutora do caso Samuel que procese catro dos acusados por un un delito de asasinato, e non de homicidio
Son xa 13 as persoas detidas pola brutal malleira que deixou un mozo en coma en Amorebieta
Un grupo de propietarios de nichos do cemiterio parroquial de Noia denuncia opacidade nas contas da entidade que o xestiona e pide que interveña o arcebispado
É galega a receita de polbo á feira? Segundo Correos, vén da Maragatería
As casetas do polbo volven ao San Froilán
En Ourense este mes de xullo recibiron máis turistas que nos anos anteriores á pandemia
As viaxes do Imserso, que comezan normalmente en setembro-outubro, poderían atrasarse este ano por un recurso xudicial dos hoteis
Máis de 58.000 peregrinos recolleron a Compostela no que vai de ano
Máis do 80 por cento dos pisos e cuartos para estudantes están xa alugados en Santiago
O mes de xullo foi un dos máis fríos dos últimos dez anos e estes primeiros días de agosto non houbo unha gran melloría
Véndese en agosto a roupa de entretempo que quedou da primavera
Nos últimos días centos de crías de tiburón azul están sendo vistas nas costas galegas
Adianto do tempo
En menos de 24 horas e despois de dous anos comezará en Vigo unha nova edición do Marisquiño máis dixital e marcada polas restricións
A selección masculina de wáter-polo atopa a motivación para os XXOO no documental 'Máis ca vida' de Rubén Riós
A catedral de Tui ofrece durante toda a semana recitais de música no seu órgano e tamén actuacións no claustro medieval
Despedida coa música de Bala, que presenta o seu disco 'Maleza' no Festival TerraCeo de Vigo