Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
04/08/2021 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Nicolás Rodríguez celebrará con amigos e familia a súa medalla de bronce
O Real Club Náutico de Vigo celebra a medalla de bronce de Nico Rodríguez
Adrián Ben consegue o quinto posto na final de 800 metros lisos e familia, amigos e veciños acompáñano desde Viveiro
Os contaxios diarios volven subir dos mil, pero o número total de infectados baixa
O comité clínico fai algúns axustes nos niveis de restricións por concellos
Sada sobe a nivel alto de restricións, coma outros 12 concellos galegos
Alívianse as restricións nas Pontes, Arzúa, Ribadumia e Tomiño a partir do sábado
Arzúa alivia as súas restricións ao ter unha incidencia acumulada a 14 días de 349 casos
Ourense é a única provincia que non terá concellos en nivel máximo a partir do sábado
En España a incidencia do virus segue evolucionando á baixa, aínda que se mantén no risco extremo
O Goberno e as comunidades debaten sobre o control de ocupación no deporte
Pedro Sánchez pasará as vacacións en Lanzarote coa familia
O Partido Popular acusa a Pedro Sánchez de caer no triunfalismo en plena quinta onda da pandemia
Segundo o CIS, 7 de cada 10 españois pensan que os impostos non se cobran xustamente e o 90 % cre que en España hai moita fraude fiscal
A Asociación de Depuradores denuncia taxas abusivas ás empresas do mar por parte de Transición Ecolóxica
Un ordenador canta os prezos e os compradores mercan pulsando un botón na lonxa de Burela
A Xunta lanza unha nova aplicación informática para mellorar a contabilidade das granxas de leite
A Xunta pídelle ao Goberno que garanta o futuro de Barreras cos fondos de solvencia e Conde visita a fábrica de Finsa en San Cibrao
Volve a covid a Wuhan
Os turistas británicos non terán que gardar corentena obrigatoria ao volver de España
Descenden os casos de coronavirus nas residencias de maiores
Detéctase un gromo con doce afectados nun arrastreiro de Celeiro
Os puntos fixos habilitados polo Sergas para realizar de balde os tests de antíxenos sen cita previa están tendo moi boa acollida
Vendéronse 43.627 tests de antíxenos sen receita en farmacias a primeira semana en Galicia
Os sanitarios de Pontevedra denuncian mala xestión e sobrecarga de traballo
Galicia impulsa un novo modelo de residencias de maiores públicas
A xuíza instrutora do caso Samuel, citará mañá os catro investigados maiores de idade para lles comunicar formalmente os delitos polos que están imputados
Este mes de xullo fixo dous graos menos de media que anos anteriores
Vigo e Ourense comezan a instalar a iluminación do Nadal
Buscan en Marín o afortunado que gañou un millón de euros no sorteo de Euromillóns do martes
A Xunta inviste 90.000 euros na recuperación da pasarela colgande de Acevedo
O museo do gravado de Ribeira prepara unha mostra con fondos de Picasso, Seone e Laxeiro entre outros
En Riotorto mantense a tradición do traballo artesanal do ferro na forxa
O mal tempo provoca que as praias galegas estean case desertas
Adianto do tempo
Unha histórica vaga de calor complica os traballos de extinción de case 200 incendios en Grecia e Turquía
A relación entre Goya, Castelao e o fotoxornalismo en #MenosDunMinuto
Despedida coa música de Lady Gaga e Tony Bennet, que anuncian unha derradeira colaboración no 95 aniversario do cantante