CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

30/07/2021 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
06:19 Arrancou en Salamanca a Conferencia de Presidentes, á que asisten todos os presidentes autonómicos, agás o catalán
06:36 As comunidades xestionarán o 55 % dos fondos europeos que cheguen este ano
09:54 Evolución do coronavirus en España
10:20 Evolución do coronavirus en Galicia
10:41 A curva desta quinta onda aínda non baixa, pero vai freando o ritmo de crecemento
13:24 Pontevedra é unha das cidades galegas onde o ritmo de contaxios comezou a frear esta semana, logo de máis de trinta días á alza
15:51 A área sanitaria de Lugo ten o maior número de casos activos desde o inicio da pandemia
17:52 A comarca ourensá de Monterrei rexistra o dobre de casos nunha semana
19:28 O presidente da Xunta pediu na Conferencia de Presidentes de Salamanca unha postura común sobre os certificados de vacinación
20:03 O Goberno portugués apóiase nos certificados para o seu desconfinamento total
20:49 O Tribunal Superior de Xustiza das Canarias suspendeu cautelarmente a medida de esixir o certificado covid ou proba diagnóstica negativa para acceder á hostalería
22:41 Comesaña defende a medida de esixir certificado para acceder á hostalería galega porque a alternativa sería o peche
23:25 Vilagarcía contará cun novo centro de saúde onde está agora a Comandancia Militar
23:53 O próximo martes celebrarase un pleno extraordinario no Parlamento en que comparecerá Comesaña para explicar a xestión da quinta onda
24:22 A Xunta comprométese a buscar un socio industrial que garanta a viabilidade de Barreras
25:03 Os datos do PIB reflicten que a economía española medrou un 2,8 % no segundo trimestre
25:30 O déficit do Estado baixou case un 26 % nos primeiros seis meses do ano
25:47 Xullo remata co prezo máis alto da luz dende que hai rexistros
26:09 Amancio Ortega converteuse no segundo maior accionista de Rede Eléctrica de España, logo de mercar o 5 % dos seus títulos
26:35 A xustiza europea retira a inmunidade de Carles Puigdemont e dos outros eurodeputados de JuntsxCat, Toni Comín e Clara Ponsatí
27:05 Dende mañá haberá 14 localidades galegas con puntos para tests de antíxenos e certificados covid
29:14 Os policías locais reforzan os seus dispositivos para controlar que se cumpran as limitacións nas reunións de persoas non conviventes
31:35 A DXT prevé uns 470.000 desprazamentos en Galicia nesta operación saída de agosto
33:38 Encher hoxe o depósito de gasolina sae un 21 % máis caro ca o ano pasado a estas alturas, un 19 % máis caro no caso do gasóleo
35:32 A frota bacallaeira galega demandará a Noruega pola redución unilateral das cotas de pesca de bacallau nas súas augas
36:53 O sector da construción advirte de que faltan uns 700.000 traballadores para executar os proxectos ligados aos fondos europeos en España
38:40 A Garda Civil liberou en Galicia tres mulleres que eran explotadas sexualmente en dous pisos de Arteixo
39:40 Investigan a morte dunha parella nun descampado de Manresa onte, onde apareceu tamén unha nena de dous anos, que foi rescatada con vida
40:03 Empresas como Google, Facebook ou Netflix esíxelles aos empregados que se inmunicen se queren volver á oficina
40:41 O Colexio de Médicos de Pontevedra denunciou os dirixentes das áreas sanitarias de Pontevedra e Vigo por sobrecarga de traballo
41:06 Nova tenda da cadea Jysk en Ribadeo, a segunda inauguración en Galicia en catro meses
42:56 En Curtis, o grupo leiteiro Inleit investirá 16 millóns de euros en levantar unha nova planta
43:15 A Xunta destinará 337.000 euros para apoiar que outros 70 concellos redacten plans de acción contra o cambio climatico
43:59 Un novo percorrido polas Covas do Rei Cintolo baixará a uns 75 metros de profundidade e mesmo se chegará ata un pequeno río
46:36 Esta mañá arrancaba o Galicia Desing Weekend, dúas xornadas en que se reunirá o mellor do deseño galego con referentes internacionais
48:17 A procesión do Cristo da Vitoria suspéndese un ano máis en Vigo e os devotos procesionan pola súa conta
50:04 Isabel rescatou o muíño de Goá, destinado ao peche, e a fariña que produce é unha das mellores de Europa
51:30 Os nenos de Barbadás reclaman espazo nas rúas percorréndoas con grandes flotadores para comprobar os obstáculos que hai
52:10 Adianto do tempo
52:49 Despois de case ano e medio, volve abrir ao público o espazo cultural do mosteiro de San Martiño Pinario en Santiago
54:21 Despedida coa música dos vigueses Fixe Trío, nacida un mes antes da pandemia e que presentan agora un traballo discográfico

Atopar capítulo por: