Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
29/07/2021 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
O Consello da Xunta aproba o teito de gasto para 2022
As sete cidades galegas e as sete vilas con hospital comarcal contarán con puntos permanentes para realizar tests de antíxenos e solicitar certificados
As farmacias expiden certificados válidos co test de antíxenos para acceder á hostalería en Galicia
A maioría dos galegos quedan sen ocio nocturno a partir do venres, tras só un mes aberto
Evolución do coronavirus en Galicia
O Concello de Muros, que rematara xuño sen casos activos, conta actualmente cunha incidencia de 914 casos a catorce días
Os tres concellos da Mariña que pasan ao nivel máximo; Foz, Burela e Viveiro, xa superan os 600 contaxios
Ourense continúa coa tendencia á baixa dos casos por sexto día consecutivo
Portugal prepara o desconfinamento total para finais do verán
Evolución do coronavirus en España
Os datos da Enquisa de Poboación Activa revela que baixou a taxa de paro a un 15 % en España e a un 12,4 % en Galicia
Segundo o dato adiantado do IPC de xullo, os prezos continúan á alza, e xa están en niveis de inicios de 2017
O presidente do Goberno di que os datos do emprego demostran a firmeza da recuperación
Pablo Casado acusa o Goberno de ocultar a cifra de mortos da pandemia ou de liquidar a soberanía nacional
A UE e Mauritania chegaron a un acordo para que a frota comunitaria poida seguir pescando nas augas do país africano outros cinco anos máis
Xa están en vigor os descontos na AP-9 e as viaxes de volta nun máximo de 24 horas son de balde
A AG-55 que vai da Coruña a Carballo e a AG-57 que é a do Val Miñor tamén terán descontos
A próxima semana abrirase a repesca para os maiores de 30 anos que non se vacinaron e daranse máis citas para os mozos de 16 a 20 anos
A escaseza de doses obriga a pospoñer a vacinación ata o próximo luns na área sanitaria da Coruña-Cee
O Ministerio de Sanidade mostra preocupación polas embarazadas que non acoden vacinarse e fan un chamamento para que se inmunicen
A cidade de Nova York pagará aos seus habitantes 100 dólares por vacinarse
Reactívase 17 anos despois a investigación do triplo crime de Burgos en que mataran na súa vivenda unha verinesa, o seu marido e o fillo pequeno
En Biscaia, xa van oito detidos en relación coa malleira a un mozo que permanece hospitalizado en estado crítico
O avogado cubano residente en Ourense, Arián González, foi finalmente liberado tras o pago dunha sanción administrativa
En Vilaboa, o anuncio dunha nova ordenanza para regular os cemiterios provocou a protesta dos veciños, que entenderon que afectaba a propiedade de nichos e panteóns
O xuíz do caso Kitchen procesa o exministro do Interior Jorge Fernández Díaz e libra do banco dos acusados a María Dolores de Cospedal e o seu marido
O estaleiro vigués Barreras aprobou un ERTE para todo o seu cadro de persoal
Gonzalo Caballero destacou hoxe na Limia o compromiso do Goberno central coa modernización do sector primario nesta comarca agrogandeira
O BNG demándalle a Feijóo que na Conferencia de Presidentes defenda que a xestión dos fondos Next Generation se faga dende Galicia e que os destinatarios deses cartos sexan pemes, autónomos e traballadores
A ministra de Turismo estivo hoxe en Santiago para informar sobre o Plan Nacional do Xacobeo: o investimento previsto para este ano é de 60 millóns de euros en toda España
Empresarios, investidores e emprendedores cítanse para establecer sinerxías e impulsar a economía galega na Toxa
Os empresarios galegos no exterior presentan a súa asociación na Toxa
A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid distinguen os empresarios Olegario Vázquez Raña e Ignacio Rivera
Na igrexa de Santiago, en Vigo, colocan un cartel que prohibe tocar os santos para evitar desgastar e estragar as figuras
O 29 de xullo celebrábase a procesión dos ataúdes de Santa Marta de Ribarteme, pero, outro verán máis, volve estar suspendida
Adianto do tempo
Mañá publícase a reedición do álbum 'A Irmandade das Estrelas' de Carlos Núñez
Despedida coa música de Os d'Abaixo, que presentan o adianto do seu novo disco