CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

30/06/2021 15:30 h

Índice de contidos

00:01 Titulares do 'Telexornal mediodía'
07:22 Os contaxios seguen subindo en Galicia, e xa levan sete días seguidos facéndoo
07:48 O macrogromo de Mallorca suma 155 positivos en Galicia, con 550 contactos en corentena
10:07 A partir do sábado, 9 concellos terán que asumir restricións de nivel medio
10:32 O gromo entre os estudantes obriga a endurecer as restricións na área pontevedresa
13:04 A partir do sábado serán dous os municipios en nivel alto: Sarria e Carnota
13:17 Carnota volve pechar o interior de bares, restaurantes e cafeterías dende o sábado
15:33 4 positivos en Lugo tras regresar de Gandía
17:21 Medra a preocupación pola covid entre os máis novos
17:56 Os contaxios seguen subindo en toda España
18:11 Primeiro Consello Interterritorial presencial
21:20 A Xunta vai poñer en marcha unha ferramenta para que a xente poida pedir a súa propia cita para vacinarse
21:50 Sánchez defende os indultos, pero di que non haberá referéndo de autodeterminación
23:29 A UE investiga se a compra de Air Europa dana a competencia en España
24:15 Bruxelas nega que a proposta de que os españois paguemos peaxe nas autovías que eran de balde fose unha esixencia súa
24:51 Os descontos da AP-9, comprometidos para xullo, seguen sen chegar
25:45 Para os populares, o silencio e a falta de noticias sobre a rebaixa das peaxes adiantan un incumprimento do compromiso do Goberno central
26:16 Chegan as novas facturas da luz e cada fogar paga entre 5 e 7 euros de máis
28:58 Os peiteadores maniféstanse defraudados co Goberno
30:59 No Congreso remata hoxe o debate da lei que penaliza as herdanzas en vida
31:34 Caixabank rebaixa a 6.452 os afectados polo ere e descarta os cesamentos forzosos
32:02 Ringleiras de xente para cambiar as súas pesetas antes de que rematase o prazo
32:30 A Xunta inicia o proceso para a elaboración dos presupostos de Galicia para o 2022
32:51 A economía galega resistiu mellor que a media de España a terceira onda do coronavirus
33:43 O Clúster da Automoción de Galicia axudou a lanzar 53 novas empresas do sector
34:29 Francisco Conde amósase decepcionado coas xestións que se están levando a cabo dende o Goberno central sobre Alcoa
35:15 Galicia será a sétima comunidade que máis emprego creará este verán
37:32 A Xunta vai impulsar a promoción da marca Galicia Calidade para apoiar os produtos do país
38:35 Aumentan os desprazamentos por estrada antes da operación saída
39:20 A Xunta cre que son moi boas as perspectivas turísticas para este verán
39:50 Gromos como o de Mallorca causan incerteza nalgúns viaxeiros
41:34 A variante delta do coronavirus, antes chamada variante india, sacode con forza Portugal
42:11 Empezou a época dos campamentos de verán
43:56 A máscara e o estrés fan aumentar os problemas de enxivas e o bruxismo
44:43 A pescada e o bonito de Burela terán un protagonismo especial nas cartas dos restaurantes da rede hoteleira de Paradores
45:22 O Tribunal Supremo ratificou os 26 anos e medio de cárcere para o home que matou a súa muller en Cabana
45:46 Piden 24 anos de cárcere para o veciño de Ponteareas que intentou matar a súa exmuller e o seu fillo en 2020
46:05 Denuncian a presenza de ratas de gran tamaño no centro da cidade da Coruña
47:55 CIG Ensino reclama que se conserven as contratacións do persoal de reforzo que se fixeron pola pandemia
48:13 O xuíz interroga o marido de Cospedal e un asesor da exministra
48:43 O BNG pide crear unha nova política lingüística no ensino
49:24 Toni Cantó dirixirá a Oficina do Español, un departamento novo creado pola presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso
49:49 A Cidade da Xustiza pedirá ao concello de Vigo a finais de outono a licenza de primeira ocupación
50:26 O escritor e xornalista Miguel Boó denuncia que a Deputación de Pontevedra mantén secuestrado o seu libro 'La mala prensa del eucalipto'
51:23 Adianto do tempo
52:04 O Canadá chega aos 49,5 graos de temperatura na costa do Pacífico
52:37 As brigadas forestais intensifican a prevención nas zonas de alto risco

Atopar capítulo por: