CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

25/05/2021 15:30 h

Índice de contidos

00:01 Titulares do 'Telexornal mediodía'
06:06 O Sergas notificou 89 contaxios novos, a cifra máis baixa en dous meses
06:35 O comité clínico debate aprobar medidas novas, como a ampliación do número de persoas non conviventes que se poden reunir
09:24 Os veciños da Pobra xa temen un regreso ao peche perimetral
11:46 En Viveiro pasaron de estar case libres de covid a superar os 30 casos en pouco menos dunha semana
13:12 A alta incidencia de Cangas está empezando a notarse tamén en Moaña
15:13 Galicia é arestora unha das comunidades que máis avanzaron co seu calendario de vacinación
16:01 Hoxe está previsto administrar máis de quince mil doses nos grandes recintos de distribución da vacina
18:07 Fernando Simón asegura que se moitos españois de menos de 60 piden a segunda dose de AstraZeneca pode que non queden para a franxa de 60 a 70
18:50 En Portugal, se a persoa di que non quere AstraZeneca ten que esperar a que haxa vacinas dispoñibles doutra marca
19:35 Moderna pediralle á UE que autorice a súa vacina para os mozos de entre 12 e 17 anos
20:24 Valencia comeza a despedir sanitarios
20:58 No conxunto de España, a curva da incidencia da covid segue baixando
21:18 O desfasamento entre as cifras do Ministerio e as do Centro Nacional de Epidemioloxía vaise reducindo
21:44 Temor no sector turístico polo avance da cepa india no Reino Unido
22:41 Sen acordo para prorrogar os ERTE
25:23 O PP apuntou a necesidade de que os ERTE se manteñan vixentes
25:54 O Goberno aproba o anteproxecto de Lei de convivencia universitaria
26:34 Os mir protestan polo novo modelo de elección de praza
28:34 Galicia poderá contar coa súa primeira universidade privada
30:41 Protesta sindical en contra do proxecto dunha universidade privada en Galicia
31:01 Os estudantes opinan sobre a universidade privada galega
33:02 Os Mossos participan nun desafiuzamento, en contra do pactado entre ERC e a CUP
33:30 O presidente catalán quere retomar co Goberno de España a mesa de diálogo para falar de autodeterminación
34:08 O Tribunal Supremo emitirá o seu informe sobre os indultos esta semana e o Goberno pide serenidade
34:56 Dispárase o prezo da enerxía e da vivenda
37:08 Varias comunidades solicítanlle ao Goberno central que non prohiba a caza do lobo despois do verán
37:51 O sector gandeiro, en contra do veto á caza do lobo
39:57 . A Xunta critica o recurso co que o Ministerio de Transición Ecolóxica deixa en suspenso o plan marisqueiro de Galicia
40:44 As praias prepáranse para ser un lugar seguro este verán
43:38 Nigrán prohibe as fogueiras de San Xoán pola situación sanitaria
45:48 Probas piloto para verbenas e concertos en Galicia
48:12 A Axencia de Turismo e a Fundación Deporte Galego colaborarán para que os nosos mellores deportistas promovan o Xacobeo
50:04 Goberno, Xunta e Concello asinan o convenio para construír a intermodal da Coruña
51:13 Ana Pontón mostra o seu apoio a Carlos Babío, edil que está a ser xulgado por un delito de inxurias e calumnias contra a familia Franco
51:43 Os socialistas galegos denuncian que están aumentando os días de espera para a atención sanitaria nos centros de saúde
52:18 O Partido Popular de Pontevedra pediu a dimisión do alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, do BNG
53:16 Fabiola García insta o Goberno a concretar a acollida de menores de Ceuta
54:15 Adianto do tempo
54:38 130 anos dende que os restos de Rosalía de Castro foron trasladados dende o cemiterio de Iria Flavia, en Padrón, ata o convento de San Domingos de Bonaval
56:20 Adianto de contidos de 'Quen anda aí?'
56:59 Despedida coa música de Gonzalo Arca

Atopar capítulo por: