Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
19/05/2021 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Á espera da decisión definitiva sobre a segunda dose dos vacinados con AstraZeneca
O presidente da Xunta insiste en que a segunda dose de AstraZeneca está avalada por organismos como a Axencia Europea de Medicamentos
Os casos activos e os ingresos hospitalarios baixan este mércores en Galicia
A idade dos ingresados por covid baixou dende a vacinación
O CHUAC vai recuperando as plantas covid para outras patoloxías
Taperías e restaurantes agardan poder abrir máis tempo
Non se prevé unha decisión inmediata no comité clínico sobre variar o uso da máscara
O comité, preocupado polo aumento de contaxios en sete concellos
Padrón espera poder aliviar as súas restricións
Hoxe as comunidades autónomas e o Goberno central deciden como vai ser a volta ás aulas non universitarias de cara ao vindeiro curso
A incidencia da covid baixa en España e o país sae do nivel de risco alto por primeira vez dende finais de marzo
Marrocos pechou os accesos con Ceuta e interrompeu a chegada masiva de inmigrantes
A decisión de España de acoller o líder da Fronte Polisario enfada a Marrocos
Comeza Fitur 2021 coa inauguración presidida polos reis de España
Feijóo presenta Galicia en Fitur como un dos destinos máis seguros do mundo
O sector turístico confía en que esta edición de Fitur sexa o punto de inflexión
Fortes medidas de seguridade en Fitur pola pandemia
As vilas turísticas comezan a preparar as praias
Aumentan as reservas de viaxes para as vacacións
A UE abrirá as súas fronteiras para os turistas estranxeiros que estean vacinados
O presidente da Xunta ve unha boa noticia abrir as fronteiras europeas aos viaxeiros vacinados
Volve a vida á fronteira con Portugal cos galegos na feira de Valença
Andaina de protesta dos traballadores de Navantia pedindo carga de traballo
A ministra de Traballo di que renderá contas se non consegue derrogar a reforma laboral este ano
No PP lembran que a derrogación da reforma laboral non está contemplada no plan que enviou o Goberno a Bruxelas
O Partido Popular saíu hoxe á rúa para denunciar o que consideran abandono das entidades locais por parte do Goberno
O BNG subliña que poñer peaxes nas autovías é unha medida antisocial
Pere Aragonès someterase a partir de mañá a unha nova sesión de investidura
Unha muller de 66 anos morreu esta noite vítima dun incendio declarado na súa vivenda na Coruña
Simulacro da Armada no río Miño
Ringleiras de estudantes ás portas das bibliotecas
Corrubedo súmase á listaxe de parques galegos que contará cun plan reitor de xestión
O Goberno prohibirá a caza do lobo ibérico en todo o territorio español
Proxecto Tanza por unha economía máis verde e máis sostible
A fábrica de Ferroatlántica en Arteixo traballa nun proxecto que reduce o tempo de carga das baterías de litio
Abanca conta xa coa súa propia liña de seguros xerais
O lago das Encrobas abrirá neste mes de maio
Adianto do tempo
O hospital Álvaro Cunqueiro contará cunha nova unidade de hospitalización de sáude mental para nenos e adolescentes
Adianto de contidos de 'Quen anda aí?'
Homenaxe musical a Xela Arias na voz de Noelia Solleiro