CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

05/05/2021 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Tirtulares do 'Telexornal mediodía'
07:46 Isabel Díaz Ayuso logrou máis deputados que toda a esquerda xunta
08:19 Os resultados electorais madrileños
08:59 O PP di que os resultados en Madrid fortalecen o seu proxecto e debilitan o Goberno de coalición
11:08 O PSOE afundiu onte co seu peor resultado histórico en Madrid
13:12 Más Madrid vai liderar os escanos da oposición na Asemblea madrileña
13:50 Pablo Iglesias abandona os cargos institucionais e de partido
14:41 Santiago Abascal confirmou que votarán a favor da investidura de Ayuso
15:07 Ciudadanos desaparece da Asemblea de Madrid
15:49 A prensa internacional fíxose eco dos resultados madrileños
16:14 Portugal faise eco do resultado das eleccións en Madrid
16:44 O secretario xeral dos socialistas recoñece que non lle gusta a vitoria do PP, pero di que está centrado nos cidadáns e nas políticas progresistas
17:27 Desde o BNG recoñecen que hai un desgaste na esquerda, pero cren que ese problema só se dá no ámbito madrileño
17:46 Feijóo di que Madrid votou pola estabilidade que non ten España
18:33 A Xunta estuda que facer cos concellos en risco alto cando decaia o estado de alarma
19:57 O Goberno galego ultima a apertura do ocio nocturno
22:30 O Sergas notificou 189 contaxios novos, que fan subir os casos activos ata os 3.061
22:52 A partir do venres serán catro os municipios pechados perimetralmente: Vilanova de Arousa, Cambados, Laza e Cualedro
23:15 A capital do Albariño asume restricións máximas pola covid
26:00 A hostalería da Laracha só poderá atender nas terrazas e ao 50 %
28:18 O Grove volve aliviar as medidas e abre a hostalería no interior
30:05 Continúa a redución da incidencia da covid en Marín
32:02 Descenso do 98 % na mortalidade por covid nas residencias con respecto ao mesmo mes do ano pasado
32:28 A vacina permite que os maiores contaxiados nas residencias non presenten síntomas
34:02 As persoas entre 66 e 69 anos recibirán a vacina de Pfizer
34:53 Rexistráronse retencións de máis de 2 quilómetros para ir vacinarse ao IFEVI
35:16 En España, a incidencia do virus comeza a baixar
35:35 A Xunta lamenta que o Goberno central deixe as decisións sanitarias en mans dos tribunais de xustiza
36:13 O paro baixou en máis de 20.000 persoas na nosa comunidade e creáronse 27.000 empregos
37:39 O presidente da Xunta destaca tanto a baixada do paro en Galicia como a cifra das afiliacións
38:14 O Goberno español pretende aprobar este ano a reforma laboral e unha parte da reforma das pensións
38:50 Aragón enviará un requirimento a Facenda para cobrar os 80 millóns do IVE de 2017
39:16 O 091 deixou de atender seis mil chamadas dende que, hai dous meses, o servizo se centralizou na Coruña
39:48 A Policía Nacional mantén aberta unha operación contra o tráfico de heroína na Coruña e Ferrol
40:33 Veciños de Ferrol denuncian o mal ambiente entre bandas de mozos
41:16 Investigan un veciño de Medina del Campo por conducir a 225 km/h pola autovía
41:38 A vila portuguesa de Valença recupera a súa tradicional feira
43:59 O Instituto Feiral de Vigo contará con 5.000 metros cadrados máis para celebrar citas como Conxemar
44:43 O Sergas fixo unha proba piloto en Vigo e ofreceu PCR´s de balde nun par de mercados da cidade
46:42 Aínda faltan dous meses para o San Xoán, pero as primeiras sardiñas da temporada xa están nas prazas galegas
47:46 Onte, o delegado do Goberno amosouse preocupado polo financiamento da Xunta para o programa de axuda no fogar e hoxe a Conselleira de Política Social respondeulle que compartía esa inquedanza porque o Goberno do Estado non cumpra, dixo, co financiamento a partes iguais das persoas dependentes
48:31 A terminal de gas natural Reganosa comunica un crecemento superior ao 60 % con respecto ao 2019
50:26 Adianto do tempo
50:56 65 estudantes de 12 centros galegos, á final do Young Business Talents
52:31 Galardoada a iniciativa da Xunta e o sector da automoción nos Premios Nacionais de Mobilidade
53:13 Premios de arquitectura e rehabilitación 2020
54:16 Adianto de contidos de 'Quen anda aí?'
54:43 Despedida co 'Deja vu', que fai 50 anos

Atopar capítulo por: