Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
15/01/2021 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
Hai case 10.800 casos activos en Galicia, é a cifra máis alta de toda a pandemia
Feijóo pide permitir confinamentos parciais
Para frear os contaxios, xa están en vigor as novas medidas
60 municipios hoxe estrean peche perimetral individual
Lugo ten a mellor situación epidemiolóxica nestes momentos
Un dos concellos galegos con maior incidencia é Camariñas
O Sergas está aprazando algunhas cirurxías non urxentes e priorizando as que non requiren hospitalización
Este domingo comeza nas residencias galegas a poñerse a segunda dose da vacina contra a Covid
A Xunta segue pedindo que o Goberno lle envíe máis doses porque asegura que ten capacidade para incrementar o ritmo de vacinación
Chegan a Galicia as primeiras doses de Moderna
Os hostaleiros din que as restricións están afogándoos e urxen axudas directas para o sector
Os socialistas galegos pídenlle ao presidente da Xunta que dialogue coa oposición para acordar unha folla de ruta económica
O BNG pide un plan de rescate da hostalería
Os populares galegos responden ás críticas da oposición
Novas medidas Covid: Os centros comerciais no punto de mira
Estamos na fronteira con Portugal comprobando se hai tráfico entre os dous lados da raia
Primeiro día de confinamento en Portugal
A Unión Europea advirte sobre a cepa británica do coronavirus
O Reino Unido vai prohibir a entrada de viaxeiros procedentes de 14 países de América Latina e tamén desde Portugal
Arxentina comeza a vacinar o persoal sanitario
Cinco alcaldes vacinados malia que non lles tocaba
A incidencia da covid en España xa supera os 500 contaxios por 100.000 habitantes
Evolución da ocupación en UCI por comunidades
O ministro de Sanidade pídelle á poboación que respecte as medidas tomadas por cada comunidade autónoma
A volta á normalidade non será tan rápida en Madrid
Reunión de Feijóo co ministro de Pesca para falar do 'brexit' e dos fondos europeos
Luis Planas quixo restarlles importancia aos ataques de Pablo Iglesias e outros membros de Podemos contra a monarquía
O excomisario Villarejo enfróntase ao seu primeiro xuízo por calumnias, con Corinna Larsen como testemuña
Estase a realizar en Bueu un cribado masivo para detectar portadores asintomáticos
A pandemia remarca os lindes invisibles entre concellos colindantes
Esta mañá soúbose que Pfizer vai reducir as entregas da vacina a Europa
A Xunta vai repartir máscaras entre o profesorado
Absolto Pachi Vázquez de prevaricación
Unha liorta a navalladas, a pinga que colma o vaso para os veciños dun barrio de Lugo
As familias evacuadas de dous edificios da Coruña tras da derruba dun muro poderán volver á casa nunha semana
Galicia inviste 400 millóns en dependencia
Os ciberdelitos aumentaron un 35% en 2020 con respecto ao ano anterior
Adianto do tempo
Nas últimas horas fíxose viral este vídeo de TikTok que acumula centos de miles de visualizacións e ata mencións en medios
Adianto de contidos de 'Quen anda aí?'
Despedida co último traballo de Carmen Penim 'Canto de seitura' do álbum 'Cantos de terra e sal'