Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
03/12/2020 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Nas últimas 24 horas confirmáronse 350 contaxios novos en Galicia
Alberto Núñez Feijóo cre que xuntar dez achegados ten un risco alto
Está prohibido saír de Galicia do 23 de decembro ata o 6 de xaneiro, pero si está permitido moverse para reunións familiares
Máis da metade dos galegos levan xa varias semanas sen poder reunirse con persoas coas que non conviven, unha situación que remata mañá
Manuel prepara a zona exterior do seu negocio para poder servir os clientes dende mañá
Empresarios de Pontevedra percorreron por estrada as vilas de Poio, Pontevedra e Marín para evidenciar que moitos negocios están condenados ao peche
Os propietarios dos locais xa dispoñen desde hoxe dunha liña nova de axudas da Xunta
Insisten moito no departamento de Medicina Preventiva da Universidade de Santiago en non baixar a garda e no perigo dos asintomáticos
Bergantiños, en tres niveis de restricións
O norte de Portugal é unha das zonas de Europa coa maior incidencia da covid
Sanidade confirmou 9.000 contaxios novos en 24 horas
A Xunta acaba de darlles o visto e prace definitivo ás oposicións para Sanidade e Administración
A Xunta prevé mobilizar 4.000 millóns ata o 2027 en estratexia dixital
O Congreso aprobou os presupostos para o ano que vén
O Partido Popular di que os orzamentos do Goberno central son os peores para Galicia nos últimos 15 anos
Unidas Podemos e os partidos nacionalistas no Congreso, entre eles o BNG, rexistraron unha proposición non de lei para acabar, din, coa imposición do castelán na normativa estatal
O Ministerio de Defensa pediulle á Fiscalía que investigue un chat de militares retirados
Pablo Iglesias di que os militares investigados polo chat non supoñen ameaza ningunha para a democracia
Podemos entrou hoxe na corporación municipal da Coruña
Os traballadores de Alcoa miran hoxe cara ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde se celebra o xuízo co que tentan parar o ERE
Os veciños de Gondomar choran a morte de Soledad, asasinada hai unhas horas polo seu marido
Vigo espertou cun aparatoso incendio nun barco atracado en Bouzas
Choque sen feridos entre dous coches cun terceiro implicado que fuxiu
Un insulto racista parece ser a orixe dunha liorta entre dous menores ás portas dun colexio de Lugo
A Garda Civil desaloxa un furancho de madrugada en Touro
A Garda Civil tivo que desaloxar un bar da Rioxa onde se amoreaban unhas 200 persoas
Os maiores vense obrigados a escoller entre a saúde ou estar en contacto coas súas familias
Moito movemento no aeroporto de Barcelona poucas horas antes das restricións pola ponte
Unha veciña de Bembibre infectouse de covid-19 dúas veces
Coñecemos o testemuño dun dos voluntarios da vacina de Janssen
A Audiencia da Coruña arquiva a causa contra os dous altos cargos do Sergas que foran investigados por unha posible neglixencia no tratamento da hepatite C
A comisión Europea investigará ao estado Español polo suposto abuso de contratos eventuais a persoal de enfermeiría
Protesta do coletivo de pensionistas e xubilados da CIG
Antía Fernández: a mellor mir de España en Endocrinoloxía e Nutrición
Chega o mal tempo
Segue ardendo o Baffin Bay no peirao de Bouzas en Vigo
Rafael Amargo pasa a disposición xudicial
Marta Ortega e Yolanda Díaz entraron na lista das 25 mulleres máis influentes de España, segundo a revista Forbes
Primeiro día accidentado nas escaleiras mecánicas en Camerún
Adianto de contidos de 'Quen anda aí?'
Antonio Luz presenta o videoclip da canción 'Do rural'