Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con Lingua de Signos
07/02/2020 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
O presidente do Goberno remata a súa xira por Cataluña. Barcelona volverá ser a "capital cultural" de España
Facenda quere poñer as bases do futuro financiamento autonómico na xuntanza desta tarde
Antes desa reunión, este mediodía, o presidente do PP reuniu os conselleiros de Facenda das comunidades onde gobernan
O presidente da Xunta espera que da reunión saia unha data para a devolución do IVE
Anova e as mareas municipalistas buscan confluencias con vistas ás vindeiras eleccións galegas
Ciudadanos alerta do risco de que se reedite en Galicia un goberno bipartito con presenza de nacionalistas e independentistas
O PP responde que eles son o mellor antídoto contra os nacionalismos
O BNG recupera a alcaldía de Fene tras unha moción de censura contra o alcalde popular
Os condutores que demandan a Audasa por cobro abusivo de peaxes durante as obras na AP-9 están indignados
Estupor na Xunta porque a avogacía do Estado, dependente do Goberno, apoie a Audasa
En Ribeira, primeiros pasos para a que será a futura variante que evite os grandes atascos do verán
Nova campaña dos traballadores da factoría de Alcoa, en San Cibrao, para loitar polo seu futuro
As comarcas mineiras reclámanlle ao Goberno alternativas industriais tras do peche das centrais de carbón
A Xunta pídelle ao Goberno que lle deixe convocar todas as prazas vacantes que hai no Sergas
A Xunta premiará os concellos coidadosos co medio ambiente
O Goberno galego pide cambios lexislativos que garantan rendas dignas no agro
Unha muller intenta secuestrar a súa filla en Vigo coa axuda do ex da vítima
Segue a investigación do crime do bar Novo
Ingresaron en prisión os dous condenados polo asasinato dun mozo romanés no Carballiño, o coñecido como crime da Esmorga
Retoman a busca dos dous desaparecidos en Biesca
A Dirección Xeral de Tráfico non poderá multar se non identifica o condutor do vehículo
Identificado un grupo de moteiros por infraccións viarias graves
Desartellada unha rede dedicada ao roubo de cartón e de papel en Madrid
Na XXI edición de Xantar, seis países mostrarán os seus produtos
A formación do Centro Superior de Hostalería de Galicia será titulación universitaria a partir do curso que vén
Rabia nas redes sociais da China tras a morte do médico que alertou do andazo do coronavirus
Dígocho eu na Televisión de Galicia está nun instituto de Verín
Mañá cúmprense trinta anos da chegada de Son Goku á Galega
O tempo
En 'Quen anda aí?' xa están preparados
Estrea de 'Arima' nos cines, participada pola TVG
Títulares de saída