Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
14/11/2018 15:30 h
Índice de contidos
Titulares
O presidente do Goberno di que van presentar os presupostos en prazo, antes de final de ano
Defensa do Goberno da proposta de prohibir, a partir de 2040, a venda de coches que emitan dióxido carbono
A proposta do Goberno está a ser moi criticada dende o sector do automóbil, que a cualifican de precipitada
O comité de empresa de PSA asegura que están preparados para o cambio
O Goberno cre que a venda das factorías de Alcoa é a solución máis viable
O secretario xeral do PSdeG asegura que o Goberno non imporá nesta lexislatura peaxes nas autovías galegas polas que se circula sen custo
Theresa May tenta convencer os seus para que lle dean o visto e prace ao principio de acordo do 'brexit' con Bruxelas
O CIS augura que Susana Díaz logrará unha ampla maioría nas eleccións do 2 de decembro
Pablo Iglesias mantén o seu apoio a Manuela Carmena
Iñaki Urdangarin pide a súa excarceración ao Tribunal Constitucional
Segundo 'El Mundo', a secretaria de Estado para o Deporte, María José Rienda, eludiu impostos a través dunha sociedade instrumental.
Comparece na Audiencia Nacional o sindicato de traballadores sexuais
Comeza no Porto o Business2Sea
O Parlamento reproba a familia Franco en relación ao pazo de Meirás
Mobilización no ensino contra o machismo nas aulas
A xustiza obriga a paralizar a designación de catro xefes de servizo no Concello de Vigo
Sánchez Bugallo entende que debería gobernar en Santiago a lista máis votada
Os próximos días 17 e 18 de novembro, o BNG celebrará os 100 do nacionalismo galego
Xuízo por unha pelexa a coiteladas en Lugo
Xuízo contra un home acusado de abusar sexualmente da súa sogra e da súa sobriña
A Fiscalía pide nove anos de prisión para un mozo acusado de violar unha moza nunha noite de festa
Trasladan a unha prisión do País Vasco o coñecido como 'donxoán' de Marín
En estado grave unha muller agredida cun machete pola súa parella
A Coruña, sede do encontro de cirurxiáns en 2021
O Hospital da Mariña, listo para o verán
Sanidade quere darlles aos enfermos crónicos unha atención máis individualizada
Seis millóns de persoas en España conviven a diario coa diabetes
María Couso, outra muller con 'corazón de investigadora'
Máis de 50 vítimas mortais nos incendios de California