CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía con lingua de signos

Telexornal Mediodía con lingua de signos

27/01/2022 15:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
05:36 Galicia sumou medio milleiro de casos activos de covid nas últimas horas
07:04 O presidente Feijóo insiste en que, pese á relaxación das restricións, cómpre manter as precaucións para reducir os contaxios
07:36 A nova variante de ómicron, coñecida como ómicron silenciosa, xa está en Galicia
10:10 A ministra de Sanidade tranquiliza no Congreso sobre esa variante silenciosa da ómicron
10:44 O protocolo de Entroido, aprobado polo comité clínico, non vai alterar os plans no Triángulo Máxico
12:42 A reforma laboral tensa as relacións do Goberno cos seus socios parlamentarios
15:34 Os empresarios galegos consideran que non é o momento de subir o salario mínimo
16:14 A EPA do cuarto trimestre deixa os mellores datos laborais dende a crise de 2008
17:49 En plena pandemia, a Axencia Tributaria recadou máis impostos ca nunca
18:31 O Tribunal Europeo tomba a declaración de bens no estranxeiro da Axencia Tributaria
18:59 O Consello Xeral do Poder Xudicial aproba informe crítico con varios puntos da lei de vivenda
19:39 Feijóo anuncia un paquete de medidas para revitalizar a comarca de Ferrol
22:07 O Consello decidiu comezar os trámites para que o Executivo aboe a Galicia a mensualidade do IVE de decembro de 2017
23:20 O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se declara Ben de Interese Cultural a biblioteca de Emilia Pardo Bazán
23:50 O sector lácteo pídelle ao Goberno que faga que se cumpra a Lei da cadea alimentaria
24:56 Pedro Sánchez defende a reforma das pensións nun encontro con pensionistas
25:16 Protestas de pensionistas nas sete cidades convocados pola CIG
25:40 Os xubilados critican a atención que reciben nas entidades financeiras
27:49 Algúns países europeos están enviando armas a Ucraína
28:53 A aposta polas enerxías renovables permitiría baixar a factura, segundo Iberdrola
29:44 Os traballadores da planta de Alu Ibérica na Coruña retomaron as mobilizacións para reclamar unha solución industrial
30:07 O Consultivo deféndese das acusacións polo seu informe sobre Ence
31:01 Un fondo canadense compra por 900 millóns a empresa CUPA, líder na fabricación de lousa
31:23 Xa opera no porto de Vigo o primeiro buque híbrido construído no mundo para carga de vehículos
32:21 Alzan de novo a voz en Lugo para reclamar melloras e non quedar excluídos da alta velocidade
32:58 A alcaldesa da Coruña desbota que o aeroporto de Alvedro se vaia controlar desde Vigo
33:31 Cambios no acceso a Maxisterio
33:47 Accidente múltiple na autovía en Montesalgueiro, con dous feridos graves
35:23 10 anos da traxedia do Orzán
38:51 Dous traballadores dunha empresa de cobro tentan ameazar un presunto moroso poñendo acento ruso
40:22 Seguimento dos pacientes inmunodeprimidos a través de Telea
42:35 En Santiago están a investigar as alteracións menstruais que sofren case a metade das mulleres despois de vacinarse contra covid ou de pasar a enfermidade
43:59 Nova xornada de frío e xeadas cos termómetros rozando os -6 graos en Verín
44:48 Adianto do tempo
45:24 A situación meteorolóxica obriga a Xunta a prohibir as queimas agrícolas e forestais de particulares
46:07 Adianto de contidos de 'Quen anda aí?'

Atopar capítulo por: