Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con Ligua de Signos
13/06/2022 15:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Hai debate no Goberno de coalición sobre as bonificacións de 20 céntimos por litro de combustible
A luz subiu hoxe, e volve superar a barreira dos 200 euros o megawatt hora no mercado grosista
As instalacións de autoconsumo eléctrico multiplicáronse por 4 nun ano
Os expertos advirten de que o tope ao seu prezo non se notará tanto nos fogares españois
Alxeria mantén o seu bloqueo comercial a España malia as protestas de Bruxelas
O sector dos salóns de peiteado volve protestar para esixir a baixada do IVE
O PSOE manteríase como forza máis votada se hoxe houbese eleccións xerais, pero perdería apoios, segundo o barómetro que acaba de publicar o CIS
O último barómetro do CIS antes das eleccións andaluzas mantén unha clara vitoria para o Partido Popular
O presidente Rueda terá a súa primeira audiencia co rei o vindeiro un de xullo
A Xunta reclama a xestión directa das competencias do litoral
O ministro de Pesca viaxou a Bruxelasí para defender o aumento das cotas que ten a frota porque os caladoiros xa están recuperados
Descarga en Burela o primeiro barco do ano con bonito
O corte da A-6 impacta na economía
O BNG reclama unha investigación independente para aclarar as causas do colapso da ponte na A-6
O Partido Popular de Galicia piden unha investigación sobre o derrubamento da ponte e os socialistas galegos critican que a Xunta pida "seriedade" nas pescudas
1.700 prazas máis de FP para o próximo curso
Esta mañá chegou ao porto da Coruña o primeiro barco cargado con millo procedente de Ucraína
Galicia e norte de Portugal renovan o compromiso coa eurorrexión
Folga en Ryanair os días 24, 25, 26 e 30 de xuño
Trinta persoas quedaron feridas, seis delas de gravidade, nun accidente de tren en Tarragona
Un veciño de Sada morreu esta mañá tras quedar atrapado nun motocultor co que traballaba nunha leira da súa propiedade
Accidente mortal en Cecebre tras unha saída de vía
Traballos contra o reloxo no Monte do Gozo
O presidente Rueda confía en que o maior festival do verán en Galicia se celebre sen máis contratempos que eses cambios que hai que facer no escenario
Unha nave non tripulada impide os traballos de extinción dun incendio en Poio
Os medios de extinción de Medio Rural, preparados ante a calor
Calor por riba dos 30 graos nas Rías Baixas
Estas altas temperaturas, xunto coa escaseza de chuvia, urxen a non malgastar auga para non ter que chegar a restricións durante o verán
Adianto do tempo
Esta noite, na Televisión de Galicia, van poder ver un programa especial que recolle todos os detalles das visitas do rei Xoán Carlos a Sanxenxo