Telexornal Mediodía con lingua de signos
Telexornal Mediodía con lingua de signos
01/03/2023 18:13 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Aumenta a presión sobre os socialistas pola suposta trama corrupta do caso Mediador
O secretario xeral do PSdeG evitou referirse aos deputados socialistas galegos dos que fala o mediador
O PPdeG reclámalle ao secretario xeral do PSdeG unha investigación sobre a posible implicación de deputados galegos na trama Mediador
O presidente do Goberno pídelles ás comunidades autónomas que reforcen a Atención Primaria
A ministra de Igualdade volve pedir un pacto dentro da coalición para reformar a lei do 'só si é si', pero o PSOE fai oídos xordos
O colapso nos xulgados agrávase pola folga do letrados de xustiza, co diálogo enquistado entre convocantes e Goberno
Os sindicatos ultiman a proposta de suba salarial que queren pactar coa patronal
Goberno e oposición reaccionan á decisión de Ferrovial de trasladar a súa sede aos Países Baixos
O maior parque industrial de Galicia, o parque de San Cibrao das Viñas, en Ourense, ampliarase en máis do corenta por cento en catro anos
O grupo socialista vai presentar no Parlamento iniciativas para mellorar a atención da saúde mental entre a mocidade
O BNG insiste en denunciar a falta de resposta da Xunta ante a solicitude de información por parte do seu grupo no Palamento galego
O PPdeG presentou o seu lema de campaña para as próximas eleccións de maio: 'Galicia entre todos'
O Concello do Porto vaille solicitar ao Goberno portugués que reverta a suspensión de novas licenzas para alugueiro turístico
O presidente da Xunta destaca a importancia do acordo entre Reganosa e Enagás
O sector pesqueiro asegura que o Goberno non contou con eles para deseñar o mapa da eólica mariña
Derruban a cheminea da central térmica de Meirama
Grecia decreta tres días de loito pola traxedia ferroviaria: polo menos 36 mortos polo choque de dous trens
A Axencia Europea de Seguridade Ferroviaria non descarta abrir unha investigación sobre o accidente de tren en Grecia
Capela ardente cos cadaleitos dos migrantes mortos no naufraxio de Calabria
Os axentes que acudiron á casa do crime de Muimenta extrañáronse pola tranquilidade da nai
Comezan a reparar os fallos que provocan filtracións en viadutos da A-52
Os viaxeiros que collan habitualmente o tren de alta velocidade na Gudiña poden ter descontos do 50 por cento mercando os abonos AVANT
A Xunta pídelle ao Goberno central información sobre os trens FEVE, que van vir a Galicia para substituír os vellos
Pagamos por un allo no mercado nove veces máis do que cobra o produtor
As queimas agrícolas van seguir permitíndose, sempre con previa autorización
Galicia volveu amencer con temperaturas moi baixas e cunha sensación térmica aínda máis xélida
Cobra forza nos EUA a teoría de que o coronavirus escapou dun laboratorio chinés
A oferta turística da provincia de Ourense suma un novo hotel
O tempo
A Academia Galega do Audiovisual recoñece a traxectoria de Nani García
Comeza a segunda temporada de 'Tupper Club', esta noite na TVG
Despedida