Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
23/03/2023 14:30 h
Índice de contidos
Titulares
Pedro Sánchez pide apoio para a aprobar a reforma das pensións e Feijóo critícaa porque cre que é un parche
Cumio de ministros de Economía europeos e latinoamericanos en Santiago en setembro
A próxima semana tomará posesión a nova directora da Garda Civil, Mercedes González, que agora mesmo é delegada do Goberno en Madrid
Isabel Díaz Ayuso rompe con Vox
As eólicas mariñas instaladas en Galicia terán que pagar un canon como o que hai para os muíños en terra
Ence avanza no seu proxecto para trasnformar a central térmica da Pontes nunha bioplanta innovadora en Europa
A xunta insiste en que hai que reconstruír en paralelo os dous viadutos da A-6
Os expertos din que encher o depósito con carburantes sintéticos custará máis do dobre que con gasolina
Bruxelas quere que os fabricantes reparen os electrodomésticos e os teléfonos gratis ata dez anos despois de mercalos
Algúns establecementos hostaleiros galegos proban a xornada laboral de catro días
Os bateeiros protestaron esta mañá contra as delimitacións para recoller mexilla nas rochas
O BNG e o PSdeG esixen responsabilidades políticas tras coñecerse a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que ordena sancionar a Monbus e Alsa porque atopou indicios de que se puxeron de acordo para repartirse entre os dous o mercado de viaxeiros en Galicia
Unha nova liña de autobús conecta O Morrazo cos hospitais vigueses
Coller un taxi pode saírnos máis caro ou máis barato segundo a cidade galega na que o fagamos
A Audiencia Nacional envía a prisión os 18 detidos na operación antidroga que permitiu desartellar en Cotobade un dos maiores laboratorios de cocaína de Europa
Entramos no narcosubmarino Poseidón interceptado na ría de Arousa a semana pasada
En menos dunha semana houbo en Galicia dous atropelos en terrazas de bares
Dous funcionarios do cárcere de Bonxe quedaron feridos ao intenter mediar nunha liorta entre varios reclusos
A violencia sexual entre menores aumentou case un 60 por cento segundo os datos do informe da Fiscalía
As vítimas de violencia de xénero ascenden a 1.194 dende que empezaron a contabilizarse, en 2003
A forte axitación do mar fai perigar os plans das autoridades de Portugal para levar o petroleiro incendiado a terra
A compra de peixe e de carne baixa nos mercados
A Xunta aprobou hoxe a convocatoria de 421 de profesionais sanitarios para postos de dífícil cobertura
O Goberno galego vai recorrer contra o imposto das grandes fortunas que aprobou o Goberno central
O tempo que vai seguir revolto durante todo o día
Despedida