Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
24/11/2022 14:30 h
Índice de contidos
Titulares do 'Telexornal mediodía'
Vótanse no Congreso os presupostos xerais do Estado, que sairán adiante co apoio dos grupos da investidura
O Congreso debaterá o imposto á banca, ás enerxéticas e ás grandes fortunas
A reforma do delito de sedición pasa o seu primeiro exame no Congreso
Lambán, contra a reforma do delito de sedición
Advertencia no Congreso a Rego, do BNG, por falar da monarquía como "corrupta"
Os vídeos da traxedia de Melilla serán visionados mañá a porta pechada polos voceiros dos grupos na Comisión do Interior
Pedro Sánchez interveu no encontro da Unión Internacional das Xuventudes Socialistas
6 parlamentarios do PSdeG mándanlle unha carta a Ferraz para apoiar o deputado Martín Seco, contra o que a dirección do partido en Galicia abriu un expediente disciplinario
Antón Gómez-Reino non repetirá como líder de Podemos Galicia
37.000 pensionistas galegos cobrarán a principios de 2023 o complemento ás pensións non contributivas que normalmente non se lles ingresa ata finais do exercicio
División entre os ministros de Enerxía da Unión Europea, que debaten a proposta para limitar o prezo do gas a 275 euros o megawatt hora
España rexeita o límite ao prezo do gas que propón a Comisión, mentres Alemaña e os Países Baixos o defenden
A Xunta calcula que o AVE Vigo-O Porto vai estar listo tres anos máis tarde na parte española que na portuguesa
Os usuarios das liñas de proximidade en Galicia quéixanse de deficiencias nas conexións
O Goberno recoñece que deixará preparado o sistema de pago nas autovías para que se aplique no momento axeitado
Os prezos dos carburantes experimentan unha baixada
O sector da construción di que ten un problema de falta de man de obra
Comeza no Reino Unido unha folga á que están convocados os profesores universitarios, mestres e traballadores do servizo de correos
O fiscal di que o modo de actuar de Abuín é de libro, e fai unha comparación entre o crime de Diana Quer e a suposta violación da súa excuñada
O grupo de narcotraficantes que caeu esta semana no Salnés tiña no seu poder cinco toneladas de haxix
O exxerente da área de seguridade na circulación da zona noroeste do Adif defende as medidas de seguridade na curva do accidente do Alvia
Un traballador de 42 anos faleceu esta mañá nas instalacións do estaleiro Cardama de Vigo
Viralízanse as imaxes dunha pelexa na zona de copas de Ferrol
Cae un muro pola chuvia acumulada en Vigo
As aeroliñas españolas pídenlle ao Goberno que a máscara deixe de ser obrigatoria dentro dos avións
Os pediatras piden que tomemos medidas de prevención para evitar os contaxios de bronquiolite
Sanidade di que a o abastecemento de preparados con amoxicilina volverá á normalidade nos próximos días
O 15 por cento dos adolescentes de entre 12 e 19 anos tiveron ideas suicidas tras a pandemia, e un 9 por cento intentouno, segundo un informe de ANPE
O restaurante Pepe Vieira volve ao traballo despois de sumar a segunda estrela Michelin
A Axencia de Doazón de Galicia fai un chamamento para que doemos sangue
O tempo
O Goberno galego acordou hoxe designar novo embaixador do Camiño de Santiago a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
O Consello da Xunta aprobou esta mañá unha declaracón institucional polo 25-N no que condena toda agresión contra as mulleres
O ministro do Interior participou en Pontevedra nos actos do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Despedida