Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
20/07/2022 14:30 h
Índice de contidos
Titulares
\Seguen activos os lumes do Courel e do Valdeorras e hai máis de 1.000 desaloxados
Os concellos afectados polo incendio de Valdeorras van pedir que se declare zona catastrófica
O incendio do Courel segue activo pero algúns veciños xa puideron volver ás casas
Alfonso Rueda confirma que mañá van aprobar as primeiras axudas para os afectados polos lumes
Esta mañá reabriuse o treito do AVE Madrid-Galicia e as estradas que estaban cortadas debido ao incendio de Zamora
Fóra de Galicia o incendio que máis preoucpa é o de Zamora. O Goberno de Aragón solicita axuda para contelo.
O presidente do Goberno visitou a zona afectada polo incendio de Ateca, en Zaragoz
O Papa transmitiu hoxe o seu afecto e solidariedade ás vítimas dos incendios que asolan a provincia de Zamora e que lles custaron a vida a dúas persoas
Alxeria cancela un contrato para a extinción de incendios coa española Plysa
O FMI alerta de que o corte no subministro de gas ruso arrastraría a toda Europa a unha nova recesión
Escrivá cre improbable que haxa unha recesión en España nos próximos meses
Bruxelas deu a coñecer os seus plans para afrontar este inverno ese eventual corte no subministro de gas ruso
A vicepresidenta terceira do Goberno, Teresa Ribera, nega que vaia haber racionamento e Nadia Calviño, cre que non todos os países teñen que ter as mesmas restricións porque,españa, non depende tanto do gas ruso
O líder da UXT defende a súa reactivación da térmica das Pontes
O secretario xeral dos socialistas galegos pídelle ao Goberno que manteña aberta a térmica das Pontes
Acordado un novo réxime de cotización para os autónomos
Esta mañá entraba en funcionamento o desvío da A-6 co que se trata de axilizar o tráfico en Pedrafita tras a derruba do viaduto
Un erro informático na rede da DXT provocou problemas na matriculación de vehículos
En Marín, o despiste dun condutor acabou con tres coches queimados por completo.
Seguen activos os incendios do Courel e da comarca do Valdeorras
En Galicia arderon 24.000 hectáreas
A Xunta habilitou 50 prazas nas residencias para os desaloxados máis vulnerables
A vaga de calor minguou as reservas de auga de Galicia.
A falta de auga pode afectarlle á popular Festa da Auga de Vilagarcía
Fai falta sangue. A Axencia Galega de Doazón emitiu unha alerta para os grupos A+ e 0+
Para animar á doazón, o presidente da Xunta acudiu esta mañá a doar sangue
O presidente da Xunta visitou hoxe o quirófano do hospital de Ferrol, que ten un dos sete robots Da Vinci que comprou o Sergas hai un ano para facer operacións menos invasivas
O conselleiro de Sanidade insiste en que lle pedirán esta tarde ao Goberno na Interterritorial incrementar as prazas mir de médicos de familia
O PPdeG pídelle ao Goberno que concrete a repartición de fondos europeos para sectores estratéxicos como o da automoción
Aprobada no Senado cun erro no voto de Feijóo a reforma legal que vai permitir renovar o Tribunal Constitucional
En Italia, Mario Draghi está disposto a continuar como primeiro ministro sempre que os partidos reconstrúan a coalición de goberno
O tempo
Despois dunha intensa navegación nocturna, os barcos da Iacobus Maris xa están na costa galega