Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
01/06/2022 14:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
Un arrastreiro galego con base en Marín, o Piedras, foi a pique esta madrugada en augas do Gran Sol
O presidente Rueda confirma que a Xunta está en contacto coa armadora e a Autoridade Portuaria de Marín para facer seguimento deste novo accidente no mar
Os familiares do Villa de Pitanxo insisten en que baixar barco axudará a evitar novas traxedias no mar
Prisión provisional para o presunto agresor da súa muller en Carballo
A vítima da agresión en Carballo permanece ingresada na UCI en estado grave
O Goberno ábrese a prorrogar o decreto de medidas económicas máis aló do 30 de xuño
Malia os prezos, o consumo dos combustibles de automoción en España segue disparándose
Os traballadores de Correos están en folga ata o venres
Inícianse tres días de folga en Correos, con seguimento desigual en Galicia
Protestas do sector do taxi en Madrid
A UXT e CCOO preparan un acto para reivindicar en Madrid a suba dos salarios
Pontón dixo no programa Bos Días que hai que protexer a maioría social, e pediu que se lle suban os impostos ás grandes empresas, como as eléctricas
O Banco de España constala que o oitenta por cento da cesta da compra se encareceu por riba do dous por cento en dous anos
A OCU advirte dunha importante contracción do consumo
Sánchez fai balance e defende que "agora hai un Goberno social e exemplar"
Os socios de Goberno discrepan na política de Defensa
O líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo, presentouse nos Países Baixos diante os líderes do Partido Popular Europeo como a alternativa e "o futuro inmediato" para España
Feijóo pide a confianza dos seus socios ante "o descreto" do executivo de coalición
O Goberno central deixou sen gastar o 33 por cento do presuposto que tiña destinado a Galicia
O presidente Rueda acusou o Goberno central de facer propaganda cos presupostos e despois deixar sen facer infraestruturas prioritarias
A Xunta abre unha residencia de maiores e centro de día en Carballedo (Lugo)
O prazo para matricular os meniños de entre cero e tres anos comeza hoxe mesmo
Ocupa un chalé porque di que non lle devolven os cartos da reserva
Acordo sen xuízo por difundir un vídeo sexual gravado en Vilalba
O plan de transporte que prepara o Goberno central deixará sen parada de autobús 136 mil galegos
As capturas de lura superan as 55.000 toneladas na primeira marea do ano
Galicia segue á cabeza da produción de leite
Desde hoxe, xa se pode facer a declaración da renda de xeito presencial
Consumo vai limitar a tres minutos a espera telefónica para atender a unha persoa
Entra en vigor en Cataluña o decreto que rexeita aplicar o 25% de castelán como fixa o TSXC
O Instituto Carlos III de Madrid, confirmou 142 casos de varíola do mono desde que se detectou o gromo en España
Posible intoxicación alimentaria entre os alumnos e profesores dun colexio de Cedeira
XXXI Congreso de Cirurxía Plástica Ocular e Orbitaria celébrase en Santiago
Valentín González Formoso aposta por acordar medidas urxentes para a Atención Primaria e hospitalaria
Hoxe comeza o verán meteorolóxico
Aviso amarelo esta tarde por chuvias nas provincias de Lugo e Ourense
Adianto do tempo
Portugal incrementará o persoal dos seus aeroportos para evitar colapsos
O touro de Osborne de Trasmiras volverá a ser negro
Despedida cos Rolling Stones