Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
23/07/2021 14:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
Repasamos as restricións da hostalaría nos niveis alto e máximo
O ocio nocturno poderá abrir nos concellos en niveis máximo e alto, pero só nas terrazas
Evolución do coronavirus en Galicia
A quinta onda da covid segue avanzando e aínda non se chega a dobrar a curva
Ingresa en Vigo unha moza de 22 anos con pneumonía bilateral tras dar positivo en coronavirus
Feijóo asegura que a autocita para menores de 19 anos só se abre para cubrir ocos que quedan das outras franxas de idade
Hoxe 11.000 mozos menores de 20 anos poderán solicitar unha cita para vacinarse
Darias asegura que teremos que vacinarnos todos os anos contra a Covid e que ademais será necesaria unha terceira dose de Pfizer e Moderna
A ministra de Sanidade avanzou cal será o seguinte debate que terán os expertos científicos: vacinar ou non os máis pequenos
Sanidade recomenda a vacinación en embarazadas
O TSXG autoriza limitar as reunións en Galicia
A aeroliña Plus Ultra di que acreditará debidamente que precisaba financiamento público e que colaborará coa xustiza
O PP pídelle ao Goberno que permita a investigación do rescate de Plus Ultra no Congreso se non ten nada que ocultar
A ministra de Defensa di que son os populares os que non respectan o estado de dereito por non renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial
Alberto Núñez Feijóo reuniuse hoxe por primeira vez co novo comité de dirección do PPdeG que saíu do congreso de hai unha semana
Un informe presentado por Abanca asegura que Galicia recuperará a mediados de 2022 os índices económicos previos á pandemia
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, pide máis implicación do Goberno central no Xacobeo 2021-2022
Ana Pastor pídelle ao Goberno que reparta os fondos europeos con criterios transparentes e xustos con Galicia
Antonio Garamendi afirma que máis importante que os fondos europeos é que o Goberno central non faga a reforma laboral que pretende
O presidente da Xunta pediu un acordo entre os partidos políticos sobre as enerxías renovables, especialmente importantes en Ferrolterra
Os traballadores de Alcoa San Cibrao manterán en suspenso a folga ata o dous de agosto
Nunhas horas esgotáronse nas farmacias galegas os tests de antíxenos que se venden sen receita, pero os farmacéuticos alertan de que, no caso de contacto estreito, hai que notificalo e realizar unha PCR
Os contaxios seguen medrando en Ourense, pero a menor ritmo, e os expertos auguran que a curva podería baixar nos próximos días
O concello de Avión é o segundo con maior incidencia de Galicia
Realizan un cribado entre a poboación de 18 a 30 anos de Foz, Viveiro e Ribadeo
Polémica na Guarda pola ocupación dunha vivenda na parroquia de Camposancos
Un ancián de 86 anos faleceu ao caer o seu coche ao mar no porto de Bueu
A Patrulla Águila do Exército do Aire, unha das patrullas de acrobacias aéreas máis prestixiosas do mundo, acaba de aterrar no aeródromo de Santiago de Compostela
Compostela énchese de turistas con vistas ao Apóstolo
Alfonso Rueda asinou o protocolo de acondicionamento do centro de saúde de Arcade como área de descanso para os peregrinos e veciños de Soutomaior
Milleiros de peregrinos camiñan estes días cara a Santiago nas vésperas da celebración do día grande de Galicia
A TVG convértese na primeira televisión pública española en retransmitir en directo en 5G
Tras a nebulosidade de días pasados chega unha borrasca que ademais trae chuvia
Axentes galegos da Garda Civil están durante este verán colaborando coas forzas de seguridade portuguesas en zonas turísticas do país veciño
O robot Da Vinci, un dos sistemas cirúrxicos máis avanzados do mundo, chega agora á Sanidade Pública de Galicia
A familia Franco pide investigar á Avogada Xeral do Estado polo inventario do Pazo de Meirás
O xuíz Santiago Pedraz finaliza a investigación sobre os papeis de Bárcenas
Unha empresa familiar de Monterrei fabrica destilados a base de pataca gaelga e cebada
Adianto do Tempo
A confederación de empresarios da Coruña entregoulle hoxe o premio Recoñecemento Empresarial ao presidente de Iberdrola
A semana que vén celebrarase na Coruña e tamén a través de Intenet a primeira edición do Galicia Design Weekend
Adianto de contidos do programa 'Quen Anda Aí? de verán'
Despedida coa música da cantante Amy Winehouse, que falecía hai unha década aos 27 anos