Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
22/07/2021 14:30 h
Índice de contidos
Titulares do Telexornal Mediodía
O Sergas abre a autocita para vacinar os mozos de 16 a 19 anos
Comeza en Santiago a vacinación do grupo de 20 a 29 anos
Evolución do coronavirus en Galicia
A partir do sábado haberá 12 concellos con restricións na área sanitaria de Vigo
En conxunto, os concellos da área sanitaria de Vigo teñen a taxa de positividade máis alta da pandemia
A segunda área sanitaria máis castigada é a de Pontevedra
A hostalería do Salnés móstrase preocupada polas restricións
Saímos á rúa para coñecer as dúbidas que xorden sobre as novas medidas
Evolución do coronavirus en España
Os expertos sinalan dous motivos polos que se dispararon os contaxios: a relaxación do uso da máscara e a variante delta
O executivo insiste en que o confinamento domiciliario foi unha decisión proporcional e garantista cos dereitos fundamentais
A ministra de Transporte reafirmou que o AVE galego a Madrid entrará en servizo antes de finais de ano
Galicia recibirá máis da metade dos fondos pesqueiros repartidos entre as CCAA
O BNG reclama unha xestión descentralizada dos fondos europeos, dende Galicia e repróchalle ao PP que non apoiara ese modelo cando se votou no Congreso
Traballadores de Ence concentráronse diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para esixir que se convoque a mesa de diálogo sobre o futuro da planta de Lourizán
CCOO convocou esta mañá unha mobilización en Vigo para reclamar unha solución para o sector naval
CCOO convocou outra protesta para esixir ao Goberno que cumpra os compromisos adquiridos coas organizacións sindicais para mellorar o SMI e a derogación da reforma laboral
Os sindicatos consideran discriminatorio o decreto do Goberno para facer fixos sen necesidade de oposición os traballadores que leven 10 anos ocupando unha praza que nunca saíse a concurso
Dispárase o gasto de luz e gasóleo nas granxas
A Xunta recibe mil solicitudes para recuperar 21.000 hectáreas abandonadas
O Executivo galego aprobou hoxe a licitación por 40 millóns para seleccionar as empresas que investiguen no aeródromo de Rozas
Abanca remonta tras a pandemia e logra un beneficio de 157 millóns no primeiro semestre do seu exercicio fiscal
A compañía galega Greenalia compra nos EUA unha sociedade de xeración de enerxías renovables
A Xunta pide diálogo aberto co Goberno para abordar temas como o reparto dos fondos
A Xustiza paraliza cautelarmente a entrega de 34 millóns de euros para o rescate de Plus Ultra
Para o Partido Popular, é necesaria unha autoridade independente que xestione os fondos europeos, para que non queden exclusivamente en mans do Goberno
No Tribunal de Contas segue o proceso de embargo a 34 exaltos cargos da Generalitat por gastos indebidos relacionados co procés entre 2011 e 2017
A quinta onda da Covid deu de cheo no Barbanza, que nos últimos 7 días rexistrou unha incidencia acumulada de 250 casos por cen mil habitantes
Hosfega pide á Xunta que non inclúa a medida de entrar nos establecementos dalgúns concellos co rexistro de vacinación ou cunha proba negativa
Os socialistas galegos apoian as novas medidas adoptadas pola Xunta, pero piden máis axudas á hostalería
Ante esta quinta onda da pandemia, o BNG acaba de solicitar que se reúna a Deputación Permanente do Parlamento, o órgano que queda activo na Cámara cando hai vacacións
O Goberno chinés rexeitou a posibilidade de realizar unha segunda investigación que poida determinar a orixe do coronavirus
O Xulgado do Penal 1 de Ferrol condena a cárcere e multa a dúas mulleres, nai e filla, po colocar unha gravadora para espiar o pai
A Policía Nacional detivo en Santiago dúas persoas que se facían pasar por avogados especializados en trámites de estranxeiría para estafar inmigrantes
Máis de 250 inmigrantes conseguen entrar en Melilla
Dúas mulleres morreron nas últimas horas en Pozuelo de Alarcón e Sabadell, presuntamente asasinadas polas súas parellas
As axudas para incentivar o emprendemento feminino contan este ano cun orzamento de 3,2 millóns de euros.
O bonito e o polvo volven estar presentes nas mesas de verán
Os bañistas da Illa de Arousa poden loitar contra o furtivismo chamando ao teléfono que aparece nos carteis das praias
Aos peregrinos resúltalles complicado atopar aloxamento nos albergues debido á limitación da súa capacidade
Os fogos do Apóstolo volverán ter cinco escenarios en diferentes puntos de Compostela
Amarante, a xoia da ruta do románico portugués
Adianto do Tempo
O lume arrasa o oeste dos EEUU
As chuvias torrenciais deixan xa máis de 30 mortos na China; doce deles no interior dunha liña do metro que quedou anegada
A Xunta acaba de iniciar a tramitación do anteproxecto da lei de mellora da xestión da auga, que prevén enviar ao Parlamento en outono
A ministra de Facenda está hoxe en Ferrol para asistir á sinatura do acordo entre Navantia e Iberdrola para a fabricación de bases para parques eólicos mariños
Adianto de contidos do programa 'Quen Anda Aí? de verán'
Despedida coa música de Triángulo de Amor Bizarro, que estarán en directo no Terraceo de Vigo o vindeiro sábado 31 de xullo