CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Telexornal Mediodía

08/06/2021 14:30 h

Índice de contidos

00:00 Titulares do 'Telexornal mediodía'
08:06 O Sergas notificou 82 contaxios novos
08:30 Galicia ten as mellores marcas de incidencia dos últimos 10 meses
11:26 En España, a incidencia do virus sitúase nos 115 contaxios por 100.000 habitantes
11:43 O Ministerio de Sanidade dá marcha atrás e renuncia ás restricións na hostalería
14:27 O presidente da Xunta critica os cambios de criterio do Goberno
15:09 A hostalería e o ocio nocturno confían en avanzar na desescalada
17:20 Once positivos disparan a incidencia acumulada en Outeiro de Rei
19:40 3 gromos familiares están detrás da subida de positivos en Zas
21:38 Un positivo na residencia de Sarria
22:09 Cae a participación nos cribados voluntarios
24:03 Sanidade estuda a posibilidade de vacinar nos destinos de vacacións
25:35 Saímos á rúa para ver que pensan os galegos sobre vacinarse noutra comunidade ou nunha áera sanitaria diferente á que pertencen
27:56 O Sergas inicia o ensaio clínico pediátrico da vacina contra a covid-19 de Pfizer en menores de 12 anos
28:54 A carta de Oriol Junqueras achanda o camiño para o diálogo
30:52 Di que o Goberno galego se equivoca co "autoindulto" dos independentistas
31:34 O PP pacta o repartimento da Mesa en Madrid con Vox, que consegue unha vicepresidencia
32:13 O Banco de España di que provocou a perda de case 180.000 empregos
32:35 O Goberno destina 3.263 millóns ao plan de choque contra o desemprego xuvenil
32:56 Traballo quere que os contratos temporais de máis dun ano se convertan en fixos
33:42 O Goberno anuncia que financiará a construción dunha planta de aluminio en Zamora
34:07 Dende o BNG aféanlle á ministra de Industria que destine fondos públicos a esta futura planta de aluminio en Zamora mentres segue sen mediar na de Alcoa en San Cibrao
34:39 A Xunta denuncia a invasión de competencias no marisqueo
36:54 E continúan os episodios violentos dos mariscadores furtivos contra os gardas rurais que vixían a costa
39:14 Acordan 3 anos de prisión por homicidio imprudente e lesións pola morte dun bebé en Ourense
40:00 A botella de osíxeno e a funda nórdica atopadas son do pai das nenas de Tenerife
40:29 Os veciños dos edificios lindeiros coa casa sinistrada en Vilalba deberán esperar para regresar aos seus fogares
41:13 Se coa nova tarifa eléctrica xa é difícil aforrar, en Vigo pagar menos pola luz complícase aínda máis
43:44 Na Coruña, acabáronse os avisos, rematou o tempo concedido polo Concello para que os condutores se adapten aos novos límites de velocidade
44:41 Máis de 13.000 mozos realizan os exames das probas de acceso á universidade
47:18 Todos os sindicatos do ensino, agas a CIG, o maioritario neste sector, pídenlle a Consellería que manteña os 2.600 contratos interinos realizados neste curso
47:59 Investigan un proceso selectivo en Verín: a única que aprobou foi a filla do alcalde socialista, que acertou as 38 preguntas
48:30 O Sindicato CIG reclama investimentos para crear unha planta de baterías e outra de microchips en Galicia
49:04 En Galicia vaise celebrar en xullo, na cidade da Cultura, a feira de aeronaves non tripuladas máis importante que se celebra en España
49:43 82.000 mozos benefícianse do transporte de balde en toda Galicia
50:17 A Xunta confía en que unhas 4.000 persoas máis poderán beneficiarse do bono turístico
50:51 Non é preciso unha proba negativa para entrar en España por estrada dende Portugal
51:31 Novidades no programa de respiro familiar para as persoas que teñen dependentes ao seu cargo
52:16 Milleiros de páxinas de Internet quedaron sen servizo durante unha hora
52:42 Adianto do tempo
53:07 Redes Vivas: iniciativa de Abanca para reutilizar as redes de pesca abandonadas nas costas galegas
54:08 A Xunta aposta por eliminar o impacto negativo que teñen estas emisións sobre o clima en 2040
54:50 A raíña Letizia inaugura unha exposición sobre Pardo Bazán na Biblioteca Nacional
55:15 Adianto de contidos de 'Quen anda aí?'
55:50 Despedida co último videoclip da banda Bosco con Rozalén

Atopar capítulo por: