CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Telexornal Mediodía

09/01/2020 14:30 h

Índice de contidos

00:01 Cabeceira e titulares
07:07 O Goberno galego aproba axudas para a transformación dixital das empresas e para melloras nos polígonos industriais
08:53 O 92'7 % de alumnos con necesidades específicas están integados en centros ordinarios en Galicia
10:14 Moncloa confirma os nomes dos ministros de Podemos e tamén que o novo Goberno terá catro vicepresidencias
11:37 Os transportistas das Pontes din que desconfían de Teresa Ribera
12:30 Para o BNG, o nomeamento de Yolanda Díaz non garante a defensa dos intereses de Galicia
12:58 No PP de Galicia cren que o acordo do BNG para investir a Sánchez quedará en papel mollado
13:28 Alberto Núñez Feijóo asegura que está preocupado co novo Goberno. Cre que non lle importa España.
14:04 Despois de formar goberno, Pedro Sánchez reunirase co presidente catalán
14:36 O Tribunal Supremo mantén a inhabilitación de Oriol Junqueras
15:43 O ex-presidente de Andalucía José Antonio Griñán recorre a condena dos ERE
15:59 Os autónomos pídenlle ao novo Goberno diálogo, estabilidade e moderación
17:14 A proposta de Ada Colau de eliminar a ponte aérea para combater a contaminación tropeza coa lexislación europea
18:16 As vivendas turísticas só se poderán alugar enteiras, non por cuartos
19:32 Ultiman a compra do balneario de Guitiriz por 4,5 millóns
20:36 A nova xerente do hospital de Verín é a doutora Guillermina Agulla
20:57 A raíña Letizia presidiu esta mañá unha reunión de traballo da Xunta Directiva da Federación Españolas de Enfermidades Raras
21:19 Último adeus na intimidade familiar á infanta Pilar de Borbón
24:08 Dispáralle porque non lle amaña unha fuga de auga
24:47 A familia do galego morto nas Filipinas está a esperar a repatriación do corpo
26:17 Continúan coas dilixencias para esclarecer a morte dun home en Oleiros o día de Aninovo
28:43 23 anos despois da desaparición de María José Arcos, a xustiza declarouna oficialmente falecida desde o ano 2007
30:07 Seis testemuñas do círculo de Déborah Fernández e do seu ex-mozo prestaron declaración no xulgado número dous de Tui
32:28 Un camioneiro de Caldas salva a vida dun octoxenario que conducía en direccion contraria na A-52 na Guidiña
34:40 Os lugueses semella que non acaban de adaptarse ao límite de velocidade a 30 quilómetros por hora na Rolda da Muralla
36:32 O concello de Lugo licita a peonalizacion de Quiroga Ballesteros
37:07 Malestar entre os condutores da autovía Vigo Porriño. Volve ser noticia pola perigosidade.
38:32 Un matrimonio de Ponteareas tivo que ser evacuado despois de que rebentaran as válvulas de seguridade da caldeira
40:22 A costa galega está en alerta laranxa por temporal
41:53 Os medios británicos din que a raíña Isabel está moi enfadada cos duques de Sussex pola súa decisión de abandonar as súas funcións reais
43:15 Os demócratas tratan de frear no Congreso que Trump poida atacar Irán
43:43 Xa son 27 as vítmas mortais dos incendios que arrasan Australia
44:53 O tempo
46:03 Xa negocios que aceptan criptomoedas e mesmo clientes que deixan as propinas en bitcoins
47:54 'Auga seca', a nova serie coproducida por Televisión de Galicia e a televisión portuguesa, presentouse en Lisboa
49:17 E en G24.gal seguimos intentando que todos melloremos o noso galego: hoxe falmos da diferenza de til e acento
50:11 A exposición 'Nómada', na galería Metro de Santiago

Atopar capítulo por: