Telexornal Mediodía
Telexornal Mediodía
05/08/2022 14:30 h
Índice de contidos
Preocupan os incendios de Caldas de Reis e Boiro e evoluciona ben o de Verín
Na Arousa é onde está a situación máis complicada arestora. Por precaución, continúa activado un aviso por proximidade do lume as casas
Os xuristas advirten de que o regulamento da temperatura que establece o decreto de aforro enerxético do Goberno podería contradicirse coa lexislación laboral
O Goberno garante que o plan de aforro enerxético respectará as condicións laborais e terá o mínimo impacto posible na produtividade das empresas
O PP fala dun plan imposto que non gusta a ninguén. Os populares propoñen máis concienciación e unha aposta clara polas centrais nucleares e de carbón.
Catro de cada dez españois cre que paga moitos impostos, segundo o CIS
A demanda de leña disparouse nos últimos meses, e con ela tamén o seu prezo
O prezo do petróleo cae ao nivel máis baixo en 6 meses
O Banco de Inglaterra sobe os tipos de xuro un cuarto de punto, a suba máis alta en 27 anos
O Goberno executa ata xuño menos do 10 % dos cartos europeos previstos para o 2022
No PP din que a escasa execución dos fondos europeos está restando oportunidades a España e pídenlle ao Goberno que axilice os trámites
En Galicia as empresas do naval teñen de prazo ata outubro para presentar os proxectos que optan aos fondos europeos de recuperación
O vicepresidente primeiro da Xunta pídelle ao Goberno central máis diálogo para coñecer os detalles deste PERTE do naval. Francisco Conde agarda que os fondos, neste caso, si cheguen ao tecido produtivo.
Os directivos de Urovesa reuníronse hoxe co presidente Rueda para que a Xunta os axude a formar e buscar traballadores deste sector
No mes de xullo, o prezo medio dos coches de ocasión situouse preto dos 20.000 euros
A autoestrada AP-1, que comunica Burgos e Irún, converteuse este xoves nunha auténtica rateira para moitas familias
Folgoso do Courel e Quiroga volven estar conectadas por estrada
O Partido Popular de Galicia reclámalle ao Goberno central que cumpra o prometido e que os trens Avril cheguen canto antes a Galicia para non illar a nosa comunidade
Unha sentenza dun xulgado de Vigo avala que a compañía Ryanair nos cobre pola equipaxe de cabina
A nova planta de produción de Omega-3 que se vai poñer en marcha nas Somozas permitirá crear na zona arredor dun cento de empregos
A compravenda de vivendas aumentou no mes de xuño
Mantense activo o lume en Caldas que afecta tamén a Vilagarcía de Arousa
O outro incendio activo que xera máis preocupación é do de Boiro
Por segundo día consecutivo, a Unidade de Investigación de Incendios Forestais desprazouse a Verín para buscar pistas sobre a autoría do lume
O BNG reclama máis medios para loitar contra o lume e máis investimento en labores de prevención
A exxefa de prensa de Sánchez, nova presidenta do hipódromo da Zarzuela
Un incendio nunha discoteca de Tailandia deixa polo menos 13 mozos mortos e máis de 40 feridos
Aumentan as denuncias por picadas a mulleres no ocio nocturno. Investíganse 60
Aumenta a preocupación entre os pais despois de que dous nenos faleceran en España pola hepatite infantil aguda de orixe descoñecida. Con todo, os pediatras piden tranquilidade
Hoxe volve ser unha xornada de contrastes térmicos entre o norte e o sur de Galicia
Ademais da praia e dos monumentos, uns dos lugares preferidos polos turistas son os mercados de abastos. Os que máis exito teñen son os produtos do mar
Agosto é tempo de festa e hai ganas dela. Esta primeira fin de semana do mes hai moito onde escoller: gastronomía, música ou troula.
O tempo
Este verán os campos da festa de Galicia volven estar ateigados de música. Todas as orquestras buscan converterse na mellor de Galicia.
O compostelán Alfonso Espiño ten novo traballo musical