Malo será!
"A arca de pedra", desde o Teatro Coliseo Noela de Noia
“Malo será!” chega a Noia coas súas hilarantes propostas de comedia, desenvolvidas nos grandes teatros de Galicia.
Desde o Teatro Coliseo Noela de Noia, o elenco de sete actrices e actores da TVG habituais de “Malo será!” conta coa colaboración especial de Eva Iglesias, Pepo Suevos, Cristian Escuredo, Martín Vázquez e Martín Espantoso.
A presentadora Lucía Regueiro está acompañada, amais, por Federico Pérez, Marcos Pereiro, Isabel Blanco, Lucía Veiga, Oswaldo Digón e Sabela Hermida.
Neste percorrido de teatro en teatro, coma en cada emisión, súmase unha banda de música en directo e unha vistosa escenografía.
Títulos das historias que se representan:
- Un fenómeno difícil de explicar
- Un día na tele
- O Conexo Alegre
- O renacido
- O catastro
- A comilona tiña un prezo
- Víctor ou Victoria
- Un problema dental
- Refuxio de animais
- O funeral equivocado