CRTVG

Buscar

Estache bo!

Tarteira de cabaciña con peixe espada

23/06/2021 19:50 h

Ingredientes:

2 cabaciñas 1 cebola en brunoise 2 dentes de allo 1 culleradiña de azucre 1 culleradiña de especias picantes 1 cunca de olivas sen óso 1 lata grande de tomates enteiros 350 gr de queixo curado relado 1 manda de alfábega fresca 6 liscos de xamón curado Sal e pementa AOVE

Para o peixe espada: 2 bistés de peixe espada 1 dente de allo 1 cullerada de perexil fresco Sal e pementa AOVE

Elaboración:

Hoxe facemos unha tarteira de cabaciña con peixe espada para todos os gustos! Adobamos o peixe espada con aceite de oliva, sal, pementa, perexil, allo, e reservamos. Nunha tarteira rustrimos a cebola e o allo. Incorporamos o tomate, o azucre, as especias, as olivas, e cando estea todo ben cocido, incorporamos o xamón e a alfábega. Nunha prancha facemos o peixe espada e no mesmo aceite del, marcamos as cabaciñas. Incorporamos o peixe á tarteira do tomate mesturando ben. Nunha tarteira ou fonte apta para o forno, alternamos capa de tomate e peixe, outra de cabaciña á prancha, e un pouquiño de queixo. Así sucesivamente ata pechar co queixo. Enfornamos 12 minutos a 220 graos, e listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Vedra, a Lidia, de Hortas da Ulla, quen nos falará do produto estrela de hoxe: a cabaciña.

Atopar capítulo por: