CRTVG

Buscar

Vidas de pazo

Tamallancos - Chorexe - A Buzaca - Raxoi

09/03/2013 10:05 h

O pazo de Tamallancos está na localidade ourensá de Vilamarín. Alí, Alberto Conde Taboada explica que esta construción pertence á súa familia desde hai 150 anos e que foi comprado por un tataravó seu a un convento de Santiago.

No pazo de Chorexe, en Palas de Rei, Conchita Teijeiro amosa un edificio construído a principios do século XVIII, que conserva interesantes pezas no seu mobiliario.

O pazo da Buzaca, en Moraña, é propiedade de Enrique Varela, quen reflexiona sobre o papel que debe xogar a Administración en relación á conservación destes singulares edificios.
 
Visita ao pazo de Raxoi en compaña do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e do xefe de Servizos Internos do Concello de Santiago, Xosé Manuel Ferro.

Atopar capítulo por: