CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Talabarte, Festival Candeloria, García MC e Joaquín Sabina

15/02/2017 21:00 h

Este mércores, o “ZigZag Diario” dedica o seu espazo á música. Cunha reportaxe na que o grupo folk Talabarte, formado polo contrabaixista Kin García, o violinista Quim Farinha e o acordeonista Pedro Pascual, presentan o seu libro disco, “Fake”, ilustrado por Pedro Giráldez “o Pastor” e con textos do escritor e xornalista galego, Carlos Meixide.  O programa mergullase no Festival Candeloria, o festival lucense presenta a súa cuarta edición, en que actuarán grupos como Talco, Ruxe Ruxe, Gatillazo e Rebeliom do inframundo. Ademais, ZigZag terá un espazo para escoitar novos lanzamentos. O sinxelo de García MC, compoñente do colectivo de hip hop Dios Ke Te Crew, chamado “Cleptocracia”, e o novo disco de Joaquín Sabina, “Lo niego todo”.

Atopar capítulo por: