Tal semente
Programa 20
17/12/2023 13:00 h
Hoxe no programa falamos dunha das comidas por antonomasia da nosa terra, o caldo. Un prato que sen dúbida nos unifica como territorio. Hai moitas variantes deste prato en función da zona. Aínda así, é difícil decir non a un bo prato de caldo quente en inverno. Compiten no programa Andrea e Aleix, tía e sobriño de Camelle; Óscar e Lola, pai e filla de Vigo, e Javier e Candela, tío e sobriña de Lugo.