Tal semente
Programa 18
10/12/2023 12:45 h
O tema de hoxe no 'Tal semente' ten moito que ver co título do programa: as flores. Que lindo é plantar unha semente e coidala ata que sae a súa primeira flor. As flores, ademais, chegan a nós por varios sentidos: gozamos coas súas cores coa vista e do olor polo nariz. Os cinco sentidos terá que utilizar cada equipo para non quedar atrás fronte aos contrincantes porque hoxe comeza unha nova avaliación.