CRTVG

Buscar

Tal como somos

As festas e romerías

28/01/2023 20:00 h

Por toda Galicia celébranse, ó longo do ano, festas e feiras que poñen de manifesto un auténtico sentimento de identidade e tradición.

Estes períodos de celebración sacan o mellor da nosa sociedade, unido por un sentimento de harmonía e boa acollida que cohesiona ó pobo e os visitantes coa terra galega e, así, o sacro mestúrase co profano para vivir uns días de conmemoración e troula. Hai non moitos años, as festas en lugares pequenos e apartados eran moi esperadas xa que a conmemoración e celebración do seu patrón constituían probablemente a única diversión da que podían gozar en todo o ano.

No programa de hoxe imos achegarnos ás festividades e romarías da nosa terra, algo que non resultou demasiado fácil dada a gran cantidade de festas relixiosas, festas gastronómicas, festas tradicionais ou simplemente festas pola festa que se dan na nosa terra e representan con intensidade a idiosincrasia do pobo a da nosa cultura.

Atopar capítulo por: