CRTVG

Buscar

Tal como somos

Hospedaxes en Galicia

21/01/2023 20:00 h

Hospedaxe é o aloxamento temporal e asistencia que se dá a alguén. Existe desde tempos remotos, aínda que a concepción moderna, especialmente enfocada como negocio, data de hai poucos séculos.

Galicia sempre foi unha terra acolledora, mais o seu illamento marcado pola xeografía evitou unha chegada masiva de forasteiros, como ocorreu noutras zonas de España. O Camiño de Santiago quebrou esa falta de contacto co resto do mundo, do mesmo modo que o fixeron as vías marítimas e xa nos dous últimos séculos a emigración.

Moitos son os lugares onde hospedarse en Galicia. De todo tipo. Hoxe imos viaxar por algúns dos máis atractivos debido á súa historia ou peculiaridades.

Atopar capítulo por: